1 Libro, 1 euro
Non sei se coñecedes esta iniciativa:
1 libro, 1 euro
A historia xurdiu cando, por mor da Lei Sinde, Juan Gómez- Jurado criticou decindo por Twitter que o tema da piratería era exaxerado, e o “ínclito” Alejandro Sanz lle dixo se tiña ovos de poñer gratis os seus libros na rede.
Dito e feito puxo a súa novela Espía de Dios a disposición de todos, soamente pedindo que se doase un euro por persoa para a organización Save The Children.
Á iniciativa sumáronse outros autores, na páxina tedes as novelas dispoñibles.
Eu xa baixei a de “Espía de Dios”, e así, de paso, probo o ebook que me deixaron para probar. Despois teño que mirar os outros, sobre todo o de zombies, un escritor galego, que se non me trabuco trátase dun apocalipsis zombie na nosa terriña.
Pastillas contra el dolor ajeno
¡¡ Estupenda iniciativa !! 1€ en medicina para os que non teñen medicinas.
Máis información: Pastillas contra el dolor ajeno – medicos sin fronteras
E ó Almirante Baltar saiulle a competencia :D
Pois si, señoras e señoras, hai quen se atreve a desafiar ó Almirante Baltar.
Increíble, ¡ hai que ter os pelos do peito coma un cepillo de alambre para facelo eh!, que non sae gratis, pero sí, existe o valiente que se xoga a vida, por difícil de creer que pareza.
Aquí tendes:
This slideshow requires JavaScript.
Pero todo ten unha explicación, como nón, o “nacho” é de Ferrol. Aquí o tendes tamén:
Juan Marcos movilizando ós piquetes e “boreando” nos coruños
Sistema de tickets
Gila e as indirectas
O mestre Gila cun dos seus sketches.
Humor tonto
Un blog que paga a pena: Humor tonto para gente inteligente
Vento
- Non me soples na cara!!!
- É o vento.
Con esta serenidade respondía María cando alguén lle reprochaba a súa fea costume.
Era unha muller afable de mediana idade. Vivía nun pequeno piso dun barrio nas aforas da cidade e levaba unha vida sinxela e tranquila coidando do seu marido e os seus netos. Sabía disfrutar da compañía dos seus e as cousas máis simples a facían feliz.
O marido chega do traballo, o seu rostro mostra a dureza da vida pasada… os cinco anos que lle quedan para xubilarse fánselle longos.
- Estou canso… canso de madrugar, de pelexar co xefe…
María déixao falar pero dalle moita pena que o home se sinta tan abatido… unha trasnada ven á súa cabeza:
- María, non me soples na cara!!!
- É o vento, respondeu ela coa serenidade de sempre.
O home esbozou un sorriso. Ao rato estaban os dous ceando e comentando animosamente as pillerías dos netos daquela tarde.
O mesmo facía María cos seus fillos, cos veciños, e con todos os que se lle achegaban a contar os seus problemas, a sorpresa do aire na cara acababa convertíndose nun sorriso.
Maleta
- ! Ei, Maleta, deixa a porta aberta xa! Mais xente non vai vir, penso eu .
O partido ía xa pola metade do primeiro tempo . Ramón estivera collendo as entradas na porta desde as cinco menos dez . Cada vez había menos xente . Só marcara dez entradas, e outros vinte que pasaran co carné de socio .
Sentouse na cantina a tomar un viño, só na esquina do local . Non lle gustaba ver os partidos . Non é que non lle gustara o fútbol, que lle gustaba; o que non lle gustaba era a xente, o trato condescendente e por veces burlesco que lle daban .
Non sempre fora así . De feito as miradas eran ben distintas cando era novo . Xogaba de extremo no equipo; era un futbolista rápido, inda que un pouco tosco e sen moito sentido táctico . Con todo, na tempada 76/77 fixera trece goles; o equipo ía lider na Segunda Rexional e a xente saudabao con respeto, sobre todo os nenos da vila . Ata o penalti .
O penalti . Xogaban contra o Cambados o último partido, para ascender a 1ª Rexional . Bastaballes con empatar . O partido fora mais duro do esperado, e inda por riba o Cambados marcara nada mais empezar o segundo tempo . A falta de un minuto, a esperanza: o árbitro pitou penalti por un empuxón a Pepe, o dianteiro centro . Ramón sentiu que era o seu momento; os seus compañeiros miraron cara a el e el devolveulles a mirada con decisión . Colocou a pelota con coidado, e pensou en asegurar; mandaríaa con forza polo medio . Deu tres pasos cara atrás e esperou o pitido do árbitro . Entón ocorreu . O porteiro, nervioso, venceuse antes de tempo cara a dereita, e Ramón cambiou de idea e pegoulle suavemente para poñela pola esquerda . Tan suave que a pelota saiu a unha velocidade ridícula, e o porteiro tivo tempo de erguerse e dun salto atallala no pao contrario . Entón desde a grada berrou aquela voz fatídica: !maleta! !maleta! . Á voz sumouse un coro indignado que berraba !maleta! !maleta! . O partido acabou e o ascenso con el . Os berros seguiron cando saíron cara ós vestiarios, mesturados con risas e insultos, e continuaron despois, cando marchou andando cara á súa casa .
A tempada seguinte xogou pouco . A xente tomouna con el, e os berros de !A ver maleta!, !Veña maleta! convertíronse nunha chanza habitual coa que divertirse nos partidos . Quedoulle Maleta, no campo e fora del .
Retirouse a final desa tempada . Ofrecéronlle o traballo de ocuparse do campo axudando ó vello Antonio . Co tempo Antonio retirouse e el quedou ó cargo de todo . O Maleta convertiuse nunha desas personaxes que conforman a vida dun pobo, como o guardia, o cura ou o farmaceútico.
Cando rematan os partidos el limpa os vestuarios, recolle os balóns e pecha o campo . Entón, ás veces, cando está seguro de que ninguén o ve, collle un balón e vai á portería que da ó río, coloca o balón no punto de penalti e tira suaviño, xunto ó poste esquerdo, como debeu facer aquel día .
Fotos de hoxe
Vaqueiro
- Cando me lembro daquela época, irremediablemente ven á miña mente unha palabra: area. Si, area. Aquela area fina que estaba por todas partes, que se che metía por tódolos recunchos do corpo.
No pelo tiñas area, na boca masticabas area e sempre había algún grao inoportuno que atinaba a meterseche nun ollo xusto cando estabas na túa escena. Coa a area que acumulei tódos eses anos nos calzóns, ven podía agora tapar tódolos buratos do alpendre carallo. Pero ¡estábame ben!, ¿que facía un tipo da Fonsagrada no deserto de Almería? — dicía o señor Argimiro i escachaba coa risa.
- Que sí, neno, que iso me dicía meu pai: ¿Argimiro, pero ti que vas facer á Andalucía con 40 anos desgraciado?
-Papá eu queró facer de vaqueiro, como John Wayne. E poderlle dicir a unha moza que teño un rancho pa ela, e aquílo que lle dicía a “Dallas” na “Diligencia”, cando ela lle soltaba que non sabía nada do seu pasado: “Neniña, sei de tí, todo o que preciso saber. E o que sei gústame”
- ¿Que Yon Baine nin que rancho?. Ti o que tes son unhas hortas de patacas pa cavar langrán!. Busca unha muller é cásate, burricán
- ¡Que no papá, que no!, nin muller nin patacas. Vou sair na televisión, e vou ser un actor famoso!
Aínda lle brillan os ollos ó señor Argimiro cando se acorda. Vénselle a ilusión e os medos, como si estivesemos no verán de 1963, cando decidíu lanzarse á aventura. Con 40 anos, quería ser vaqueiro e o seu pai dicíndolle que se ían rir del. Pero Argimiro perseguíu o seu soño, e retou á vida con esa valentía insegura dos adolescentes, coa inocencia e ilusión dos infantes pero tamén coa vergonza dos que están nesa segunda idade que o mundo se empeña en saltar. “A crise dos cuarenta” dirían agora os entendidos, máis eu penso que Argimiro padecía de algo máis simple, padecía de “vida”.
- ¿E conseguíuno?, señor Argimiro
- ¿O que?
- Ser John Wayne
- Ja,ja,ja,ja.. pero rapaz, ¿Ti ves algún cabalo na porta?.
Ruboriceime. Sinceramente. Sentinme medio parvo pola pregunta, pero o vello raposo miroume con ironía e soltoume medio retranqueiro.
- Traballei de extra, de montador de decorados, de recadeiro para aquel rapaz americano con cara de ladrillo que agora é tan famoso, un tal Clint Easwood, andiven de carallada con Sergio Leone e roubeille algún bico a algunha moza garbosa. Fixen papeliños pequenos, sobre todo de malo… ¡Que ben o pasei amigo meu!
¡ Rapaz!, non che quepa dúbida: Non hai un vaqueiro máis ufano ca mín, deste lado do oeste
relatos curtos por davidef









