Bueno, pois esta foi a última parada, si señor: Astorga., rueiro, (1) e (2). Estaríamos alí sobre 2 horiñas, polo que vos faredes unha idea de que pouco podo falar do tema. Básicamente o que fixemos foi ver o palacio de Gaudí, que parece un castelo deses dos contos de fadas, e tomarlle un cafeciño. Nin siquera entramos á catedral de Santa María e (1) (polo menos dende fora imponente eh), nin vimos os “maragatos“, nada. Tiñamos algo de presa e fixemos simplemente un pequeno alto, para comprobar si nos “abría boca” para volver con máis calma. E digo que sí, que si podo volvo, e vexo as cousiñas con calma, sacando as miñas fotos que tanto me gusta facer e aprovisiónome outra vez de un surtido de embutidos e queixos, como esta vez, que iso sí que nos fixo abri-la boca na casa de meus sogros na cena, ummmm.. mimadriña, que delicia: chourizo de León, salchichón, queixo, lomo e cecina, e unhas botellas de viño prieto picudo. ¡Que delicia!
Unhas fotos e con esta entrada acabouse esta aventura:
Máis fotos que atopei en internét aquí
Deixovos tamén os enlaces ás 5 entradas que forman esta viaxe: Unha pequena volta por Asturias e León
(1 de 5 ) León
(2 de 5) Gijón
(3 de 5) Covadonga, Cangas de Onís e Picos de Europa
(4 de 5) Oviedo
(5 de 5) Astorga (a presente entrada)
Resumindo:
Unha escapada recomendable: tranquilidade, paisaxes fermosas e moi boa gastronomía. O resto, vós mesmos. ;-P