O outro día estaba escoitando Grace Kelly de Mika, que me encanta i estaba eu pensando: “Macho, que voz de pito pon o artista eh”. E logo pensei que sempre houbo grupos emblemáticos con cantantes con voz de pito, que os escoitas e non sabes si están de cachondeo forzando a voz ou que fan estes, pero bueno, non sei, deben ter algo, porque a historia repítese.
En canto á xente que coñezo, soe haber tendencias amor/odio entre os que lles flipan estes grupos ou os que os detestan, non poden soportar esas voceciñas (unha aperta dende aquí a Javier Carballo, gran fan dos Supertramp jajaja, pero ó revés..jajaja)
Bueno, pois van tres videos: O Grace Kelly de Mika, o Crazy dos Supertramp e o Stayin’ Alive dos Bee Gees.
Con respecto ó primeiro vídeo, magnífico, encántame o vídeo e a canción.
Con respecto ó segundo, non quería poñer este, pero andiven buscando polo youtube e tódolos videos de temas potentísimos dos Supertramp (Dreamer, Fools Overture, Crime of the Century, School, …) estaban “entrecortados”, cajiná.. pero bueno.. para que os que non coñezan o grupo se fagan unha idea, vale, pero escoitade polo menos ata a metade eh.. que empeza “algo fraco” ;-D.
Con respecto ós Bee Gees, foron os amos das pistas de baile có súa Febre do Sábado Noite.. mimá.. rachando con John Travolta de Jonhy Manero. Pero non vou poñer ese, senón o Stayin’ Alive, que para mín é a caña.. jaja, ver ese barbudo con esta voz.. ;-D.. Por suposto, adícollo a Don Vitto, ó rei das noites do sabado en Ordes ;-D.
Mika – Grace Kelly
Supertramp – Crazy
Bee Gees – Stayin’ Alive
Veña, xa sabedes, tomádelle unhas clariñas de ovo e a practicar ;-D