Estes días topeime un blog asociado ó 20 minutos que me parece moi interesante. Reclamou a miña atención cando vín o titular ¿Que fue de Tachenko? na web do xornal, porque me lembrei do mítico armario de catro portas que dicían que era xogador de baloncesto por Rusia e que tamén decían que era un tipo fenomenal. Non sei porqué, que non o coñezo de nada, pero sempre me caíu ben ;-D.
Resulta que o blog en cuestión conta que foi de determinados deportistas, que estiveron na élite e logo nunca se soubo. A entrada sobre o noso amigo xigantón está moi interesante. Anímovos a leela: Qué fue de… Tkachenko (o Tachenko para los amigos)
A páxina principal do blog: La web de los deportistas olvidados. Pódenselle facer peticións ó autor, e preguntarlle por exemplo que foi de Stielike ou de Rummenige, ou de Epi ou de calquer deportista que vos pete