Algún día falarei en detalle do portal consumer.es, que ten información (e boa) sobre todo macho: viaxes, receitas, estudios de productos, temas de bebés, … un sin fin. De verdade, moi recomendable visitalo.
Eu estou suscrito ós seus “feeds RSS” e chegoume un aviso de nova publicación que versaba: “Papeles en regla para viajar al extranjero”. Supoño que isto virá á zaga de todos estes problemas de entrada de turistas/viaxeiros brasileiros en España e viceversa, de españois en Brasil.
Ademáis de que teño algún compañeiro que estes días andivo cavizbaixo có disgusto de quedarse sin ir ó país do Carnaval ;-P, a verdade é que é útil ter un sitio onde saber qué papeis tes que ter si queres facer un viaxe polo mundo adiante. Por iso, aquí deixo a resaña: Papeles en regla para viajar al extranjero, vía Consumer.es
P.D.: para a súa tranquilidade, Sr. Rega, creo que o conflicto diplomático está resolto
.