Situémonos: o sitio de Consumer.es, sección alimentación, receitas. Ben.
O que me gusta é que están organizadas por diversos criterios, tes un combo coa lista de criterios e logo outro á súa dereita cós “valores ou opcións” para o criterio elixido. Exemplos de criterios: por etapas da vida, por dificultade de elaboración, recetas vexetarianas si ou non, relacionadas con enfermidades, …
Está moi ben.
Cada criterio que estableces, fixa un filtro, de maneira que os filtros son acumulativos, por exemplo, vexetarianos e logo para idade entre 6 e 12 meses. Os filtros pódense desactivar. Vamos, todo moi ben organizadiño i eu iso valoroo moito.
Un saudo, e si facedes algunha receita desas, xa me contaredes: Selección de receitas Consumer.es
Cando teña cociña, (nun prazo entre dúas semanas e xamáis), tentarei facer unhas cantas.