Los ojos del Tuareg é a segunda parte do mítico libro de Alberto Vázquez-Figueroa, Tuareg.
O primeiro conta as peripecias guerreiras do gran Gacel Sayah, que permanece fiel e inquebrantable ás súas conviccións como tuareg, o cal lle leva a enfrentarse el só a un exército.
Los ojos del Tuareg tamén conta as peripecias de Gacel Sayah, pero neste caso do fillo do anterior. Gacel fillo, enfréntase a un grupo de mercenarios contratados por un “responsable de seguridade” do París-Dakar, de moral chavacana e métodos criminais.
As liñas mestras de ambos libros son semellantes, pero personalmente creo que a mensaxe de ambos é un pouco distinta. Mentres que o primeiro é unha defensa duns ideais de honor, fidelidade ós principios, valor e honradez, por enriba de tódalas corrupcións, esta segunda parte, que tamén ten moito disto, reseña sobre todo o “uso” ventaxista, vicioso e indolente que facemos dos recursos dos que son máis pobres, dos que están (¿están ou inducímolos?) collidos polo filo da navalla da vida e non teñen máis remedio que “pillar o que poden”.
En canto a Vázquez-Figueroa, non vou a descubrir nada de este gran escritor ó que, ademáis, acompañou o éxito e vendeu millóns de libros. O seu estilo é fresco, directo, creible e sinxelo. Gústame. Non é que me enganche, como outros escritores que teñen o don de roubarme o control sobre o reloxio, pero gústame. Para min raia coa “boa” crónica periodística (si, desa que se está extinguindo, dende o meu punto de vista claro ;D).
Deixovos un conxunto de enlaces para que vos ilustredes sobre este escritor comprometido e pragmático:
- Vázquez-Figueroa cuelga gratis en la Red su última novela, en El País
- Mis novelas gratis , no blog de Vázquez-Figueroa explica porque vai deixar gratis na rede as súas novelas. Recomendo a súa lectura, non ten desperdicio.
- O site de Alberto Vázquez-Figueroa: hai un montón de cousas interesantes. No apartado de blog hai un montón de información sobre o proceso de desalinización de auga e denuncia sobre os malos usos enerxéticos.
- Vázquez-Figueroa na wikipedia
- Los ojos del Tuareg en Bubok.com
Un cortés saludo, Don Alberto. :)