Consultorio Labradío: Feiras de gando

Preguntame o pontés rozamontes polas feiras de gando e a min gustame moito que empezemos por aquí. Todos sabemos da falta que fai ter un bo gando na corte, e do moito que o imos precisar no noso traballo, mailos cartiños que ganaremos vendendo o leite ou algun becerro que vaia dando, pero cuidado, porque comprar unha boa vaca ou unha boa xovenca é jodido, hai que mirarla ben e hai que saber onde mirar, e non se lle pode crer moito o tratante, que nunca quere volver cos animales pra casa.

Bueno, primeiramente antes de ir a feira hai que vestirse en condicions, que é domingo carallo, pero tampouco que nos tomen por ser da capital, que che joden co precio, un ten sempre que parecer que sabe, hasta na roupa, xa falaremos desto outro dia con máis tempo. Pero non é solo ir vestido como corresponde, cando chegues á feira igual, andas amodo, miras ben pros animales e de vez en cando soltas un ¡Baixou a frisona! ou ¡Ainda as cobran ben carallo!

O de escoller ben non che é fácil, é como cando escolle-la muller, tes que mirar que a vas ter na casa moito tempo, e ten que ser boa de aturar. Ten que ter unhas boas ubres, que xe vexa que esta ben mantida e que vai poder tirar ben dun carro cheo de patacas. Se non estás certo palpalle un pouco os tetos e pasalle a man por riba para asegurarse.

Unha vez que xa tes dado unhas cantas voltas a feira e visto cal e a que che enche o ollo hai que empeza-lo trato. Daslle a man o tratante, e dislle algo coma esto:
“Boas, ¿Canto val a xovenca?”,
i el dixache, “A xovenca vale tanto”,
aquí, ainda que non che pareza cara, baixalle o precio, dicindo algo como
“¡Douche tanto e que me leve o demo se che dou máis!” ,
i el solta: “Esta xovenca val mais ca eso”
“¡Pola alma dos meus difuntos que non vale máis!”
e normalmente alguen que esta mirando e o que di “¡Partide a diferencia, ho..!” e bueno, si xa ves que o precio non esta mal soltas un “Bueno…por que o dí este home ¡eh!”
i él dirá ”¡Lévala barata carallo, non te queixes!”
e asi acaba o trato.

O millor é que collas algo de pratica ho, para que non che tomen por inorante porque a primeira vez non é fácil sacar un bo precio, e tes moitas feiras as que podes ir ver. Hai unha boa en Silleda, e tamen en Noia, Santa Comba ou Verín. Pero a que che recomendo e unha que se vai facer o día 10 do mes que ven en Monterroso, unha Poxa de Xovencas Frisonas que ten moi boa pinta. Eu penso estar alí, se che vexo xa lle comeremos un pulpiño. Hasta logo ou.

One thought on “Consultorio Labradío: Feiras de gando

  1. Paso os comentarios que había no blog orixinal (o mimadriña):

    comentarios – Mostrar entrada original
    Ocultar comentarios

    goio dijo…
    Home, por ter ten unha na capital (da Galiza enténdese, imos deixar o de nazón, realidade nacional ou o carallo bendito para que venda o Jimémez Losantos)si non lembro mal todos os mércores por alá frente ao Leroy Merlín, creo que lle chaman precisamente a “feira do jando”, que por aquí lévase eso da jeada.

    24 de noviembre de 2006 16:20:00 CET

    O pontés rozamontes dijo…
    Como di o Sr. Tonecho, non se pode ir á feira do gado vestido coma
    os homes estes dos anuncios de colonias, se non queres que che dean as do pulpo; o tratante profesional o mesmo cata unha xovenca que abre moito de atrás como un pampillo da capital que vai mercar unha galiña prá súa tía da aldea, que está impedida . Aparte dunha actitude corporal e as consabidas frases que cita o Sr.Tonecho, é importante coida-lo vestiario e os olores corporais: un bo labrego non emprega desodorantes e sempre cheira un pouco a silo e fresquío mesturado con cheiro a xabón Lagarto; un bo pantalón de tergal irá ben, ou de pana, da gorda, ollo, que a fina esta de agora cantaría máis que unhas bermudas!! Pola parte derriba, unha chaqueta de pana un pucho e unha boa camisa de franela en cores discretas valen, a ser posible con algún manchón pra darnos un certo aire descoidado .
    O mellor é ir sen afeitar, pero de facelo debermos sustitui-lo
    afterxeib por un pouco de linimento .

    Por outro lado, como dicía o vello Don Camilo, un home de verdade sempre debe levar os collóns un pouco sudados, polo que convén gardalos nunha bolsiña de fieltro xa desde o día anterior pra que ó chegar á feira esteñan no seu punto . Con todo isto, unhas botas de sete leguas e un parugas coma un mundo xa imos bastante aquelados …

    29 de noviembre de 2006 16:50:00 CET

    Neno Labrego dijo…
    E non hai que olvidar a navalla de sete estalos, polo que poida pasar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: