Animaliiiiiñoooosss: Rubia Galega

Pois si señores como non iamos comeza-la nova sección “Animaliiiiiñoooooss” coa Rubia Galega, eh.
E non me refiro á unha estrella jalisia nin a unha señoriña rubia de Chantada que quite o alento ver pa ela eh juventú, que estades cheos de vicio. Refírome á única, irremplazable, hipersónica e interestelar Vaca Rubia Galega.
mmmmuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu!!!!

Orixinarias dos aneis de Saturno, emigraron a Vichocuntín cando se lle acabou a herba nos prados. Sonche xente tranquila e de boa conversación, aínda que pouco variada en temas. Aínda que se integraron fácilmente coa poboación local, manteñen as súas propias costumes (non lles justa o caldo .. ¿podedes cree-lo?). Destacan sobre todo en actividades deportivas, obtendo varias medallas de ouro nas categorías de “salto de valado”, “escornamento de vellas” e “lanzamento de bosteiras”. Entre as súas actividades preferidas están os xogos de azar (en especial o tute), o puenting e a calceta.

Precisamente aquí vos deixo unha foto de Paquito, que anda buscando contrincantes para unha brisca de 7 os venres á noite (ver).
Iso que leva colgado dice él que é a “saqueta dos cartiños”, pero eu por si acaso non doblaría o riñón si se me caíse o as de triunfo.

Aquí vos deixo máis información sobre tan peculiar poboador da nosa terriña:

http://www.acruga.com/index.php?page=RubiaGallega

http://www.feagas.es/asociaciones/vacuno/rubiagallega.htm

Alá.. a monxe-las !!!

P.D.: Abueeeeloo Toneeeechoooo!!! Tarás contento non?? xa che puxen a información que me pidiches da Rubia Galega en intrené carafio. Non te queixes.
Fdo.: Petri

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s