Un godello de “día”, un mencía de “noite”

Na páxina que vou a poñer, hai un montón de viños, que se corresponden coa oferta do “fabricante”. De todos se podería falar, porque hai viños moi interesantes (algúns nin os coñecía), pero voume fixar especialmente en Galiciano Día e Galiciano Noite.
Adegas Galiciano (pinchade na sección Viños)

Ambos andan entre os 6,50 e 7,50 euros e ambos son un “pedazo de viños” para flipar. O primeiro, o “día”, un godello delicado que hai que tomar fresquiño (sen pasarse) e saboreando. O segundo, o “noite”, mimá.. un pedazo mencía para sacarlle o sombreiro, do mellor que teño provado con gran diferencia (entre os mencías da zona de Valdeorras). Son dúas recomendacións miñas sin duda, aínda que o meu preferido é o tinto. Para o godello sí se me ocorren rivais de altura, que outro día tratarei.

Lembrar que o mencía é un viño “do ano”, si o viño é de 2006 o tempo para consumilo é o 2007, máis alá vai perdendo. Pero señores, láncense ó mencía que merece a pena e ademáis reforzamo-lo mercado galego.

Como sempre digo que eu non entendo nadiña do tema eh, falo en base ós meus gustos persoais, así que pido dende aquí perdón os expertos, si se ofenden con algunha cousa que poño, e ademáis, invitoos a que me corrixan e ilustren cos seus comentarios.

Saudiños e a brindar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: