Capítulo II: Na estación

<< capítulo anterior ……………ir á novela completa ………….. capítulo seguinte>>

Mimadriña querida canta xente hai nesta estación de autobuses. ¡¡ Nin na feira de a primeiros eh!!. Xa mo dixo Xan dos Pericos que na ciudá haiche moita xente e que andan lixeiros coma fojetes. Que razón tiñas Xan, van a fume de carozo.

Xa llo dixen ó xenro eh:

– ¡¡ Manolo, tiña eu unha vaca mais educada ca esta xentiña eh !! Nin os buenos días dan. E lojo dín que os da aldea non temos educación. Manda carallo.

– E lojo ¿que pensa?, ¿que estamos no pueblo e lle vai falar todo o mundo? Non vé que non o conocen.

– No me toque la jaita eh, que no pueblo ven un que non conocemos e dámoslle os buenos días coma os outros

– Naaada, non hai que facerlle, que osté pensa que aquí son 50 coma en Vilatorda e non teñen máis que facer que plantar un repolo e saludar ó que pasa. Na ciudá a xente andalle moi ocupada.

– Andará, andará, pero eu véxolle unhas pintas de mangantes criminal. Estes non viron un sacho nin na tilivisión.

– ¿E pa que queren un sacho aquí? ¿Pa votar patacas nas cunetas?

– Cala parbiño cala. Bueno, imos o que imos. ¡ Señorita ! ¿La línea pa la capital?

– Pero usted, ¿a donde quiere ir?

– Á capital

– Ya, pero dela capital ¿a donde?

– Á casa do meu neto.

– Maruja, dille a teu pai que cale oh.. que nos averjonsa

– Y su nieto donde vive.

– Outra vez: na capital carallo!!.

– A ver señor, dentro de la capital ¿dónde está la casa de su nieto?

– Poiseee… ajora sí que me jodeche.

<< capítulo anterior ……………ir á novela completa ………….. capítulo seguinte>>

One thought on “Capítulo II: Na estación

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: