María Callas

O Sr. davidef pediume que lle metera aquí algún comentario respecto da vida desa famosa cantante de ópera que foi María Callas, que non é grega, por certo , como moitos cren, senón que naceu en Nova Iork, filla de emigrantes.

Na wikipedia tedes moita información sobre ela; iso sí, falseada , pois se afirma que era filla de emigrantes gregos, cando realmente os seus pais eran de Lousame; él era o sacristán do mosteiro de Toxos Outos, e ela tiña unha fonda que lle chamaban “A casa dos callos”; tras un accidente de tipo sexual, fuxiron a América pra evitar o escándalo, e abriron unha nova fonda cabo do teatro da ópera de New York, moi concurrida polos cantantes, e que chamaron tamén “A casa dos callos”, que na pronuncia dos ianquis abreviouse como “Callas”, alcume que xa lle quedou á pequena María, que deseguido foi descuberta polo famoso empresario James Singwell, mentras cantaba unhas cantigas porcas sobre un cura e a súa criada . O resto é xa historia da ópera ….

Por qué se falseou a orixe de María en tódalas biografías é algo que ignoro, pero non sería estrano que a habitual vergonza do galego tivese algo que ver neste asunto, e María dixese ser filla de gregos pra gañarse o apoio económico do importante lobby grego de New York, amáis da súa fascinación polos gregos, como se desprende da súa vida amorosa e do gusto pola traxedia clásica, presente en moitos dos seus roles operísticos .

Pois nada, xa continuarei ilustrándovos, e outro día falaremos da súa obra como cantante .

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s