Yann Tiersen

Seguro que non descubrimos nada novo con este home, pero sempre quedan rezagados. Para todos aqueles que vichedes Fabuleux destin d’Amélie Poulain, Le (Amelie en este o noso país), seguramente nos vos collerá por sorpresa. Para o resto, primeiro, de obrigado cumprimento vela canto antes, e, segundo, motivo deste post, descubrir o compositor da súa banda sonora.

Conta Jean-Pierre Jeunet que, cando escoitou os álbumes anteriores o lanzamento de Amelie, quedou tan impresionado coa música e o sentimento que reflexaban, que solicitou a Yann Tiersen a súa colaboración para a realización da banda sonora. Tiersen contestoulle que, a pesar de sentirse moi halagado (que ía dicir??) estaba traballando no seu disco L’ Absente, e que lle resultaba imposible realizar un traballo digno do que o director esperaba.

Jeunet non desistiu, e conseguiu convencer a Tiersen. O acordo foi sinxelo: aparte dalgunha aportación orixinal, o disco conformaríase basicamente de pezas soltas da súa discografía ata ese momento, incluíndo leves cambios nalgunhas delas. De ahí que se incluiran instrumentos tan peculiares como unha máquina de escribir ou un toy-piano (piano de xoguete).

Conta a lenda que a historia foi máis ou menos así. A música…a mín parece excepcional. Orixinal, alegre, por momentos meláncolica, atrevida, en ocasións irreverente…en fin, cada un que xulgue por si mesmo. Especialmente recomendado, o seu La vals des Monstres (1995).

Sitio oficial de Yann Tiersen

Yann Tiersen na Wikipedia

Advertisements

One comment

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s