Unha pequena volta por Asturias e León (1 de 5): Parada en León cidade.

Pois sí, o título xa explica do que trata esta entrada, que nos fumos a dar unha pequena volta por Asturias (tan só 5 días de descanso :-(, pero bueno, menos dá unha pedra, non me queixo), e que me apetece deixar aquí unhas pequenas reseñas para que cando pase o tempo, me lembre con máis detalle dos bos momentos ;-P.

Decidíramos tomar como base a cidade de Gijón e alí fixemos a reserva de hotel. Logo, fixemos unhas pouquiñas visitas, non moitas eh, que ibamos con ganas de descanso. O que vou facer é poñer unha entrada por cada “parada” que fixemos, que foron: León, Gijón, Oviedo, Cangas de Onís-Covadonga-Picos de Europa e Astorga. Hoxe, tócalle a León.

Chegamos a León (ver rueiro) sobre as 11 da mañán e fúmonos directamente ó centro, a un parking para dar unha pequena visita e logo buscar un sitio onde comer decentemente. Aparcamos no parkin “Plaza Mayor”, que non sei porque me daba que caía pola plaza maior de León ;-). Dende ahí, está a Catedral de Santa María (1) e (2) a un pasiño, e por suposto fumos a visitala. A verdade é que é moi fermosa e a zona que a rodea con outros edificios emblemáticos como “La casa Botines (de Gaudí)” ou a “Basílica de San Isidoro” (1) e (2). Só nos movemos por esa zona, do resto da cidade non vos podo falar.

Outra cuestión importante é “darlle ó dente”. Nós, ese día, comemos de picoteo unha fonte con chourizo picante, salchichón, queixo, xamón e cecina. Con pan e viño da variedade prieto-picudo (que nunca probara e que me gustou bastante – falaremos outro día), vamos, que se saíu. Si se prefire comer de plato, a oferta por esa zona era moi ampla, moi económica, tiña pinta de que comías xenial en calquer sitio (un que recomendaban moito era “El Palomo”, pero calquera eh), e olía pola rúa que arrecendía. Mimá

Nada máis, unha pequena colección de fotos e listo. Si vades, a desfrutalo.

leon_1..leon_3..leon_4

leon_2..leon_5..leon_6

Nada máis, simplemente un saludo, Sr.Lorenzo ;-P.

segue en: “Unha pequena volta por Asturias: Gijón”

2 pensamentos sobre “Unha pequena volta por Asturias e León (1 de 5): Parada en León cidade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: