Unha pequena volta por Asturias e León (2 de 5): Gijón

Deixamos León para dirixirnos a Gijón, (2), (3) y (4) . O noso destino era o hotel Silken de 4 estrellas, que contratamos por internet a través de booking.com. Teño que dicir que o hotel estaba xenial, contratamos só dormida, pero iba incluído un pequeno spa gratuíto na planta baixa. O defecto que ten é que está nas aforás da cidade, na dirección da autoestrada a avilés/oviedo, e necesitas de coche para irte ata o centro, polo demáis, moi contentos.

Bueno, como iba dicindo, saímos da cidade de León e metémonos na autoestrada, collendo según nos dixeron “o tramo máis caro de Europa en relación custe/kilómetro (32 kilómetros, 6 euros e pico). ¡¡ Vaia clavada !!, logo entras noutro tramo de pago, xa na provincia de Asturias e pasas polo parque natural de Somiedo (1), (2), (3) e (4). Señores, si fai bó tempo, só polas vistas que tes ó ir por esta ruta, xa merece a pena pagar este tramo de autoestrada (que ademáis é máis económico que o anterior). Hai un montón de túneles (o maior, tunel del Negrón, 7 km e pico) , e hai algún que saes e hai un embalse, que parece o rollo un lago entre montañas espectacular.

A cidade de Gijón recordoume nalgunhas cousas a A Coruña, có seu pequeno embarcadeiro e as súas praias na cidade e o seu paseo marítimo; aínda que mellor non entrar en comparativas ;-), que nunca queda ninguén contento ;-D. A mín ambas me gustan, cada “una con lo suyo”.

¿Que ver na cidade?. O barrio antigo de Cimadevilla, a casa Jovellanos (1), (2) e (3), a praia de San Lorenzo, paseo marítimo, os vestixios das termas romanas (en frente á igrexa de San Pedro, barrio de Cimadevilla, na parte oeste da praia de San Lorenzo), a praia de poniente, o Eloxio do Horizonte, o Palacio de Revillagigedo, etc.

Deixovos unhas fotos miñas: a igrexa de San Pedro, o eloxio do Horizonte, unha composición que fixen do porto deportivo, outra da praia de San Lorenzo dende o oeste e unha foto sinxela de frente ó mar.

gijon_1 gijon_2 gijon_3
gijon_4 gijon_5 gijon_6

Agora deixovos un enlace a fotografías profesionales eh ;-): (ir)

O comer en Gijón está moi ben. Hai moita oferta de “menú do día”, entre 7 e 11 euros que soe incluir 2 ou 3 platos (un entrante de primeiro), postre, bebida e café. Todo normalmente moi rico. Recomendo totalmente as “fabes con almejas” (1), (2) e (3): ¡¡que escándalo, que delicia!! (aínda que todos coñecemos os efectos secundarios je,je ;-P). O cenar, xa é outra cuestión, comida fabulosa, moita oferta no barrio de Cimadevilla especialmente, pero xa tes que ir á carta e os precios son “distintos” (como é normal). Xa hai que rascarse máis o bolsillo.

Nada máis, que vos animo a visita-la vila, seguro que o pasades ben.

segue en: Unha pequena volta por Asturias (3 de 5): Covadonga-Picos de Europa-Cangas de Onis

One thought on “Unha pequena volta por Asturias e León (2 de 5): Gijón

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: