Pedals de Foc

O pasado 4 de Xuño fixemos a “Pedals de Foc”, unha ruta cicloturista en
bicicleta de montaña (btt) en Lleida polo perímetro do Parque Nacional de
Aigüestortes. Esta ruta percorre catro comarcas pirenaicas: Aran, Alta Ribagorça,
Pallars Jussà e Pallars Sobirà. Ten 220 Qm cun desnivel positivo acumulado de
5200 metros, máis do 70 % do percorrido discorre por camiños e pistas forestais
non asfaltadas.

O domingo durmimos nun hotel en Vielha, e o luns pola mañán viñéronnos buscar
en bus ao hotel para levarnos ao principio da ruta que empeza despois do tunel
de Viella. No bus eramos como unhas 35 persoas que íamos facer a ruta nos mesmos
días. A verdade é que penso que chegabamos antes á saída en bici que en bus, xa
que no tunel duns 4 Qm había unha escavadora que nos fixo ir a 10 Km/h durante
un bo rato, pero de todos os xeitos non nos podemos queixar xa que o sábado
pasado seique pasaran unhas 400 vacas ocupando todos os carris e obrigaron a
pechar o tunel durante máis dunha hora.

1ª Étapa: Vielha – Irán 42 Qm (+ propina) 1100 m de desnivel positivo
acumulado

Comenzamos a ruta!!! Somos tres amigos que nos coñecimos na “Vía da Plata”
Guien, Jordi e máis eu. Dispoñemos dun roadbook que nos indica en cada momento
por onde discorre a ruta. O día está algo chuvioso, aínda que moito mellor que
do outro lado do tunel, empezamos a ruta as 35 persoas que facemos a ruta. Onte
falara cuns que a fixeran, e dixeronme que a ruta era polo GR-11, que nin facía
falta mirar o roadbook, así que nada empezamos a ruta seguindo as típicas marcas
de senderismo brancas e vermellas e empezamos a subir, empezo a darlle cañiña
para entrar en calor por unha costa cuns desniveis decentiños e empezo a
adiantar á xente dos outros grupos que non levaban alforxas, a subida parece
larga e todo o mundo me segue, despois de 2 Km subindo Jordi coméntame que a el
lle parece que imos mal, eu miro o roadbook e dígolle que nada que non hai
problema que temos que seguir GR, ademáis malo sería que nos trabucaramos todos.
seguimos subindo todos aínda que Guien e eu na parte dianteira, cando nos
decatamos estamos sos e sen ninguén que nos siga. Paramos a facerlle fotos a
unha cascada e vemos que non ven ninguén, entón dinnos uns obreiros que estaban
tomando o bocadillo que nos equivocaramos que non era por ahí, 4Km de subida pa
ná!!! a baixar outra vez. A partires deste momento xa seguimos as instruccións
do roadbook e non nos volveremos a equivocar en toda a ruta.

img_0211.jpg

imgp1372.jpg

A ruta discorre por unha paisaxe de media montaña con abetos e pinos, en
camiño trialeiro con moitas pedras ao longo dun rio. Podemos ver moitas cáscadas
que levan bastante auga polo desxeo das montañas que superan os 2700 m e as
abundantes choivas nesta zona. A dereita podemos ver o Parc Natural de
Posets-Maladeta e estamos na base do Vall de Barravés rodeados dun paisaxe
idílico.

img_0213.jpg

Empezamos a subir a primeira subida seria da ruta, en 5 Qm subimos 300 metros
ao Coll Serreres, a pista é bastante boa e a pesar do sol que xa luce a
frondosidade da pista fai que a costa se suba sen nengún problema. Entramos no
Vall de Boì e deixamos a comarca do Alto Ribagorça as vistas sobre o val seguen
a ser espectaculares.

img_0217.jpg

img_0221.jpg

Baixamos o porto e chegamos a Llesp, unha aldea dunhas 10 casas. As tripas xa
empezan a facer ruido e estamos nunha aldea onde non podemos comer. O problema
destas rutas pola montaña e que se fai dificil atopar sitios onde poder comer ou
beber algo a maioría dos pobos teñen poucas casas e soamente soen ter algo de
vida na temporada de esquí ou nos meses de xullo e agosto. Só nos quedan 10 Qm
de subida ata chegar ao noso destino pero decidimos desviarnos 7 Qm a Pont de
Suert para xantar. No xantar comentamos que había unha ruta paralela a estrada
que se chamaba “ruta da auga” e que podiamos facer para evitar a monotonía do
asfalto. Ao terminar de xantar ameaza choiva polo que decidimos subir cada un o
máis rápido que poida ata o punto onde quedamos a durmir. Na subida decido ir
pola ruta da auga, miña nai, menudo inferno, o que pensaba q ía a ser un camiño
máis ou menos chan á beira do río convirtese nun rompepernas tremendo. Subidas
imposibles nas que me teño que baixar, camiños estreitos, eso si moi chulos con
bosques de buxos (ou ao menos eso parecen). Levando media hora de duras subidas,
case me planteo voltar cara atrás e retornas á estrada, pero supoño que tardará
pouco, o tema non mellora ata que chego ao final do camiño e teño que
cargar ca bici ao lombo (cas alforxas, debe pesar aproximadamente uns 23 Quilos)
para evitar unhas vallas que se poñen para evitar a entrada de vehículos na
ruta. Agora vexo unha pista que parece bastante boa ou seguir a ruta da auga, a
pista parece que pode dar a estrada polo que opto por baixar pola pista… mala
sorte a pista vai dar a un prado de vacas… a voltar outra vez para arriba e a
retomar a ruta da auga… Despois de aproximadamente hora e media retomo a ruta
da pedals e continuo ata o albergue de Can Joanot. Ao empezar a última subida
cara o albergue cólleme unha tormenta tremenda… menudo día, os meus colegas xa
preocupados por se me pasaría algo e nada a descansar para o seguinte día. O
albergue estaba situado en Irán unha aldea de 2 casas na que actualmente só
vivía unha familia e as súas ovellas e onde os raparigos tiñan que estudar a 12
Qm desta aldea.

img_0229.jpg

img_0228.jpg

imgp1415.jpg

2ª Etapa Irán – Espui 57 Qm 1803 m de desnivel acumulado

Levantámonos cedo as 7.00 para afrontar a que sería a etapa raiña da pedals.
Sospeitamos que o almorzo será bastante corrente por estar nunha casa de payés.
A dona da casa preguntanos que queremos almorzar, e nada ao final almorzamos ben
a base de pan amb tomaquet, con xamón, queixo, chourizo… froita, café… vamos
que se froxeamos na ruta non vai ser por falta de comida. Empezamos a ruta cunha
pequena subida por asfalto e enseguida empezamos a baixar, primer percance
pincho na baixada cambiamos a camara e para adiante. Nesta ruta temos que pasar
por certos puntos de control, como no Camiño de Santiago para que che den a
Compostelana, aquí ao final se tes cuñados todos os puntos danche o maillot da
pedals.

A paisaxe hoxe é moi distinta a do día anterior, semellante a Galicia, con
bosque pero tamén moito prado onde se ven vacas e ovellas a pastar. A ruta de
hoxe discorre pola comarca do Pallars Jussà. Vemos un rebaño de 400 ovellas cunha raia no lombo. Preguntamoslle ao payés porque están
todas marcadas, resulta que era porque estaban todas preñadas, automáticamente
Jordi máis eu diriximoslle a mirada a Guien e vemos a súa cara de felicidade
polo traballo ben feito na noite anterior. Menuda efectividade !!!. Guien como
din os mallorquis “vaig fort” vamos que estaba o home que non aguantaba máis…
Nada a razón de todo isto é porque as ovellas deben ter as crías agora no verán
co bo tempo para poder crialas ben.

imgp1421.jpg

pic_0127.jpg

Empezamos a subir nunha subida das máis duras da xornada, a subida é tendida
e observamos como a paisaxe vai mudando a medida que imos subindo de altitude,
empezo a darlle un pouco de cañiña e os mallorquís van como din eles ‘tira
tira’, vamos con calma. Na baixada volto a pinchar , xa empezo a estar farto,
debería haber traído o tubeless… en fin paciencia…

img_0237.jpg

Xa son sobre a 1.15 hora de xantar, desta vez só nos desviamos
un quilómetro para xantar a Casa Batlle. Decidimos pegarnos a primeira homenaxe
pedimos pasta, ensalada e chuletas de cordeiro. Polo que se ve nesta terriña non
só é bela a paisaxe tamén da unhas camareiras brasileiras que vamos… aparte do
corpaso que teñen todas as brasileiras tiña unha cariña moi ben feita, sintoo
non hai foto :-P. A comida estaba moi boa e o local era moi acolledor.
Despois a camareira ofrécenos o postre e nun castelán dinos que ten xeado, crema
catalá, tarta caseira e mansanas. Guien non entende ben o postre e volve a
preguntar o derradeiro postre, repitelle manzanas… xa ves ao tío escolloandose…
vamos que non lle chegaran as ovellas da noite anterior… xa estaba pensando
nas mazás da brasileira… menudo elemento… para a próxima vez meto unha
boneca inchable nas alforxas para que se alivie un pouco. Despois de ben
xantados continuamos a ruta para ascender o último porto para coronar o Coll d’Oli.
Esta subida ten tramos que temos que facer a pé pero a paraxe merece a pena.

img_0243.jpg

Chegamos a Espui e durmimos no Refugi La Tacita. O dono do
refuxio parece bastante naturista e vexetariano. A cena parece que vai quedar
escasa de primeiro sirvenos unha crema de calabacín moi rica por certo e despois
unha ensalada con crema de garbanzos, todo moi ben, normalmente a xente que é
vexetariana soe currarse uns pratos moi variados e cun sabor moi bó. Quedamos un
pouco con fame aínda que bastante ben. Despois de 8 minutos cheganos o tío cunha
coca con pementos butifarra, morcilla… Que boa estaba !!!. Nos cumios dos
montes (2800 m) aínda se pode ver a neve do inverno.

img_0249.jpg

img_0252.jpg

3ª Etapa Espui – Espot 42 Qm 1203 m de desnivel
acumulado

Hoxe só temos que subir unha subida seria, pero menuda subida en
10 Qm subimos 900 m. Para min está é a etapa máis fermosa con paisaxe típico de
alta montaña, a maioría da etapa discorre por alturas superiores aos 2100 m. A
etapa de hoxe discorre polo Pallars Sobirà.

img_0256.jpg

 

img_0265.jpg

img_0259.jpg

img_0276.jpg

img_0273.jpg

img_0283.jpg

A chegada é en espot na estación de esquí. A baixada a espot
está moi ben polo larga e empezase en alturas sen vexetación e imos baixando
pola típica pista con todo tipo de coníferas aos lados da pista. Chegamos ao
albergue cedo e decidimos facerlle unha visita ao Estany St. Maurici onde vemos
o famoso lago e bastante fauna. En fin, un día para non esquecer.

img_0290.jpg

img_028m.jpg

img_0302.jpg

4ª Etapa Espot – Montgarri 52Qm 1421 m de desnivel
acumulado

Etapa bastante relaxada e caracterizada pola visita dos típicos
pobos dos pirineos con casas de pedra e tellados de pizarra. Tamén pasamos
polo bosque do Gerdar sen ir montados en bicicletas para conservalo no estado en
que está (obrigatorio ir andando según o roadbook) e por último remontamos o rio
Noguera (mundialmente coñecido polo raftting) nun dos paisaxes máis chulos
de toda a ruta entrando no Vall de Aran. Vamos outra día sen desperdicio.

 

 

img_0335.jpg

img_0367.jpg

img_0356.jpg

img_0361.jpg

 

 

 

 

 

 

 

 

 

No albergue de Montgarri estabamos todos os que empezamos a ruta
a parella de cataláns e a manada de BCN, unha cea para intercambiar impresións
sobre a ruta e coñecernos todos un pouco mellor.

5ª Etapa Montgarri – Vielha 24 Qm 426 m de desnivel acumulado

A pesar da curta distancia é unha etapa que leva o seu tempo pois discorre a
maior parte por camiños moi estreitos nos que hai que ir en fila de un a un
ritmo moi lento. De todos os xeitos é unha etapa que exixe moi pouco nivel
físico, e está feita para disfrutar do final da ruta polo pla de Beret e a
estación de Baqueira. Ao final, como homenaxe de fin de ruta zampamonos un
bo solomillo de boi nun coñecido asador de Vielha e crema catalana para rematar
a ruta.

imgp1600.jpg

img_0405.jpg

Xa levo feita tres rutas en plan cicloturista con alforxas, paisaxisticamente
esta ruta foi a que máis me gustou con diferencia, se non estás afeito a rutas
de alta montaña a verdade e que esta ruta impresiona. Ademáis penso que a
fixemos na data ideal, pois aínda estamos no desxeo e vense os cumios nevados,
ademáis a temperatura foi bastante boa.

Recoméndovos que fagades esta ruta, non é necesario ser un Indurain para
facela, só hai que ver a xente do outro grupo con xente de máis ou menos 65 anos
facendo a ruta perfectamente. O que penso que é recomendable é antes de facela
sair en bicicleta para ir acumulando quilómetros e ir collendo fondo para poder
disfrutar máis da ruta en sí. As mulleres tamén lla recomendo!!! Hai que
pedalear, de feito a parella esta de catalans, unha era de Girona e ela non era
precisamente unha deportista habitual, e nada uns meses antes foi facendo saidas
e había que vela subindo nas costas, como lle daba!!!.

Link da Pedals:

http://www.pedalsdefoc.com/

E NADA AGORA ATA A PRÓXIMA AVENTURA EN MARROCOS!!!!

Advertisements

3 comments

  1. Jo!! que envexa!! caeume a baba vendo as fotos e lendo o relato …. impresionante . Eu son un ciclista en excedencia; levo pedaleado moito pero estes ultimos anos teño o tema abandonado .. haberá que volver a poñerse en marcha; isto motiva , desde logo !!

  2. Pois nada home xa sabes para isto non fai falla ser un Indurain. O único que fai falla é estar motivado e sair un par de veces a semana.

    Posiblemente vaiamos dentro de dous anos a facer a transpirenaica que é similar en paixaxes pero un pouquiño máis longa, pero pódese facer.

    Veña ánimo a ver se entrenas e te apuntas polo menos a facer uns días con nós!!

  3. Mima macho.. eu súmome á envexa de gatipedro eh.. buff.. pero a mín case mellor que me suban en burro ;-P..

    En serio, ten pinta de ter sido unha experiencia fenómena,si señor.. a ver si algún día podo facer algo parecido, aínda que sexa a metade, xa me conformo (nestes momentos non aguanto nin unha das costas das que falas ;-D).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s