Receita: Filloas

Pasado do antigo blog vaitraballar.blogspot.es

Bueno, bueno, bueno… parece que a nosa sección de cociña empeza a medrar eh. Pois sí, o amigo Uli remíteme unha receita para face-las filloas, que éste á súa vez, pedíu a María Xesús, uséase a autora. ¿Eu que fago entón?, pois simplemente poñelo aquí, por si alguén quere practicar na casiña (Uli díxome que saían boas eh).

Ingredentes:
½ litro de leite
1 litro de auga
½ vaso de anís
¾ Kg de fariña
3 ou 4 ovos
Raspadura dun limón verde
1 pouco de sal


Procedemento:
Mezclar todo ata que quede un líquido fluído e uniforme.
Untar a sartén con touciño con cada filloa.
Botar un pouco da mezcla na sartén , distribuir uniformemente por toda a sartén quedando unha fina capa e, se non está suficientemente consistente, engadir un pouco máis de fariña á mezcla e volver a uniformala.
* Botar un pouco de azúcar por enriba de cada filloa recién sacada da sartén

Ala, ¡ que vos presten ! 🙂

2 pensamentos sobre “Receita: Filloas

  1. En honor á verdade a que fai sempre as filloas de toda a vida de Deus é a miña avoa, Sagrario Gómez, para que conste (como saiba que aos seus anos anda por internet, flipa). Eu non as fixen nunca nin ganas, porque iso de meter as mans no lume para darlles a volta… nin tola.
    En fin, que as volverá a facer no antroido e as traerei para desfrutalas cos compis, como é costume.
    Gracias pola mención. :-)))
    Mª Jesús

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: