Receita: Galletas de nata

 Pasado do antigo blog vaitraballar.blogspot.es

A petición de maese Uli, poño a receita das Galletas de Nata que fixen fai un tempo.

Ingredientes: Nata fresca, fariña de trigo, azucre

Nun bol pos tanta cantidade de nata como de azúcar. Eu comprei un brick deses de 250 ml, que para a primeira práctiva chega ben ;-). Polo tanto, cuarto de litro de nata, cuarto kilo de azucre (poñe-la mesma cantidade dunha cousa que de outra eh, que eu dixen: “buff .. isto vai sair moi dulce”, e quiteille azucar e entón queimábanse).

Mesturade-lo azucar e a nata ben mezcladiño no bol. Logo ideslle engadindo a fariña pouco a pouco ata que, dice a receta, se forme unha masa blanda. O meu criterio é que quede unha masa similar a cando fas a masa de obra, nin moi solta nin moi seca.

A receita básica é así, pero eu engadinlle a raiadura dun limón. A mín gustáronme máis.

Pillas a bandexa esa do forno e engrásala cun pouco de manteiga, non demasiada. Vas poñendo cucharadas da masa que ficheches (separadas eh, que medra o tema que mete medo), na bandexa. Métela no forno a temperatura forte. Cando estén ben tostadiñas (duriñas e marróns, non queimadas eh), pois listo.

Trátase dunhas galletas ricas, pero un pouco empalagosas si comes demasiadas (leva basante azucre je,je.. boas pós lambóns). E a típica historia que ata que lle pillas o tranquillo queimas un par de bandexas, pero tranquilos, coas cantidades que puxen de nata e azucre, xa se contempla esa problemática ;-P.

Bicos para todos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: