¡¡ Eu son da Panorama !!, ¡¡ Pois eu da París de Noya !!

¡¡¡¡Feessssssssssssstaaaaa Rachaaaaaaaaaaadaaaaaaaa!!!

Señores, xa sei que o tempo non o permite, que non deixa desfrutar das nosas queridas e representativas verbenas e romarías, que polo menos na meu pobo chámanselle xenéricamente “festas“.

Non quita de todas maneiras que faga dende aquí unha reseña a un evento tan arraigado no sentir galego.

No caso destas dúas grandes orquestas, eu como pontevedrés non era moi coñecedor desta “certa rivalidade” (creo que sana) que existe entre as “aficcións” (coruñesas) de ambas. Quizáis non sexa máis que un bulo e non sexa certo, pero seguro que a propaganda non lles ven mal e que un “pique” musical entre elas nunha festa pode ser o “non vai máis” para os que se deleitan nestes embites.

Vamos, que a idea desta entrada do blog veume cando vín que ambas estaban no youtube. Mimá!!. Pois ná, deixovos un video de cada unha e logo os enlaces ás búsquedas:

Máis da París de Noya: aquí
Máis da Panorama: aquí

Que movades moito o esqueleto no verán.

Ah, ..e non perdades ocasión de poñer comentarios animando a outras que vos molen: a Sintonía de Vigo, os Satélites.. eu que sei.. tampouco é que eu sexa moi festeiro eh ;-P

2 pensamentos sobre “¡¡ Eu son da Panorama !!, ¡¡ Pois eu da París de Noya !!

  1. Pois eu nin “Panorama” nin “Paris de Noia”, eu sonlle mais da Helloween.

    O que pasa é que sendo unha orquesta alemana é moi difícil que veñan por estes lares e é pouco coñecida, pero son moi bós. Deixo aquí o enlace á páxina web por se a alguén lle interesa: http://www.helloween.org/.

    Un saúdo.

    P.D.: XDDDDDDDD

  2. ja,ja,ja.. pois non sei que tal se lle dará o pasodoble ós helloween eh.. Quizáis fagan unha versión “hard” da Muiñeira de Chantada… por iso de remata-la festa bailando,jeje ;-P

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: