Eu quero ser diferente

Eu quero ser distinto,
como gota de ácido no mar,
defendendo calquer causa “noble”
que me permita tirar a matar.

Eu quero vervos dende lonxe
e dicirvos que sodes inferiores,
porque nacestes nun sitio distinto,
diante da miña porta, nos arredores

Eu quero levantar bandeiras,
reivindicando a pureza de ideas,
¡non importa cales!, todas me valen,
non penso pararme a leelas

Eu quero dicir ven alto,
que os teus pensamentos son malos,
insultareite e machacareite idiota,
os meus son os axeitados.

Eu son dunha terra máis grande que a túa,
aínda que tí digas que son a mesma;
toparei algún sitio por onde dividir
para poder seguir coa miña teima.

Eu vouche entrar pola porta,
e matarei á túa familia;
no nome da miña causa
vouche destroza-la vida.

Non podes termo en conta,
eu sempre teño razón,
estás no medio da guerra que me invento,
eres unha víctima da situación.

Eu vou a tirar unha bomba,
a incendiar un coche ou matar un garda civil,
quizáis mañán malle un mendigo,
¡iso sí!, rodeado de 10 coma mín.

Eu vou crear diferencias,
rasgos que nos separen,
calquera me vale, ¡seguro!,
con tal de poder cabrearme.

Eu son seguidor do concepto,
defensor de patria notoria,
son un dictador da túa vida,
criticando ou seguindo dictadores.

Eu son de esquerdas ou de dereitas,
ás veces ningúnha ou as dúas, ¡que máis dá!;
o importante é ter unha boa excusa,
para que o odio poida brotar.

… e resulta que ó home, sempre lle resulta fácil chegar a división, porque é covarde e calquer causa lle vale para intentar impoñerse, e, aínda que pareza increíble, é máis capaz do esforzo dun golpe, que da suavidade dunha caricia…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: