Unha pequena volta por Asturias e León (4 de 5): Oviedo.

Oviedo (mapa),(1), (2) e (3)queda moi preto de Gijón. Trátase de seguir os carteliños Oviedo-Avilés de cor azul (autoestrada) que te atopas polas rúas e xa te levan moi facilmente á ruta correcta. Sin tráfico, dende onde nós estabamos, igual tardas 15 ou 20 minutos.

Fumos directamente ó centro, deixamos o coche e a patear. A verdade é que é unha cidade moi chula eh. Como pasa en casi tódalas cidades, ás cousas que ver están bastante xuntas polo que, movendonos pola zona da catedral poidemos ver outros edificios / monumentos importantes como: Catedral de El Salvador e (2), Archivo Histórico de Asturias e (2) , Monasterio de San Pelayo e (2), Palacio de Marqueses de Camposagrado e (2), Palacio de Valdecarnaza, Arzobispado de Oviedo, Campo de San Francisco, Plaza de la Escandalera, Plaza de Alfonso II etc..

Logo de visitas e compras tocaba a paparota e teño que dicir que comimos moi ben nun lugar chamado “La bellota Asturiana” que poñía un menú do día con varios primeiros e segundos a escoller e unha botella de rioja “cosechero” (que por certo era boísimo, a ver si topo o nome e actualizo isto), por un precio moi razonable (creo que eran sobre 9 ou 10 euros). Si vades recoméndovos as “Patatas marineras”, que é un guisote de patacas con chipiróns que van rellenos de mexillóns que é flipante señores e señoras, que veu o home cunha potiña desas de poñer nas mesas en plan “sopera”, para que nos servísemos a ración e tal, e traía unha ración de máis e non lle deixamos nin pa mollar. Boísimas.

Unhas fotiños:

oviedo_1      oviedo_2    oviedo_3    oviedo_4

Un enlace a unhas fotos máis profesionais  (ir)

¡Que o pasedes ben.!

segue en: Unha pequena volta por Asturias e León (5 de 5): Astorga e … fin de viaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s