Conversas có señor Tonecho: O portátil

Esta entrada ven do antigo blog (vaitraballar.blogspot.com) que está en vías de desaparición

Estou escribindo isto e estanme caindo as bagoas (as lágrimas, para a xente fala galego remexido). Estou pensando no inigualable, no meu máis fiel lector, no meu compañeiro de parrafada absurda, no contrincante que me metía unhas “sobas” criminales ó tenis (desjrasiado!), nese vimiances prolífico exiliado informáticamente nos madriles: JJ, o Gran Cundíns.

Por iso, non quero perder a ocasión de rendirche unha pequena homenaxe dende aquí, meu amigo. ¿E cómo facelo?, pois a idea deuma o señor krycho, cando leeu a última conversa absurda que tivemos polo chat, vostede i eu, sr JJ: “isto sí que é o que tiñas que poñer no teu blog” ;-P

Pois, ¿porque non?. Si señor, ahí vai a nosa paranolla labrega, que titulei: “o portatil” 😉

usuario: bueno, bueno, bueno..pero si teño en linea ó terrible de Vimianso
Juan: mimadriña, a ver ho, necesito a axuda dun profesional
usuario: por qué o dis camándula??que tal de finde??
Juan: macho ando na busca dun portatil, pero non che tenño niin idea
usuario: macho dás coa persoa apropiadaeu son vendedor de portátiles 🙂
Juan: carafio!! que me recomenda usté
usuario: pois que compres un lixeiro, de estructura de aluminio rápido (a según lle dés) de deseño, que tal .. convézoche??
Juan: e que marca me recomenda? seat?
usuario: non home non .. cacho inorante…o que vostede necesita é o “Sacho 3000″completamente portatil; pode escoller entre levalo enriba do lombo
Juan: coño!!
usuario: ou estilo cowboy. Non hai pataca que se resista
Juan: e manejable? e que tal de peso?
usuario: é máis ca un sacho.. é un amigo
usuario: e ten 3 Gigas de RAM (Revolucións Arando por Minuto)
Juan: carallo faiche o traballo dun arado? e unha cousa
usuario: dígame
Juan: con ese sacho canto cree uste que me levara recoller dous forrados de patacas?
usuario: home.. sé é vostede un labrego profesional.. en media hora listo !!!
Juan: carallo
Juan: e por canto mo deixa? por certo, traera funda non?e a madeira de calida?
usuario: madeira pastrán ja.. serás bertorella ¡¡ titanio!! trae o mango de titanio
Juan: mimadriña
usuario: e a funda de coiro de vaca rubia galega, ou que pensabas
Juan: estructura de aluminio e mango de titanio?
usuario: home .. a folla é de aluminio con recubrimento de teflón, pa que non se peguen as patacas
Juan: joder, eso esta ben
usuario: e ten un sistema que o activas e xa chas vai cortando e fritindo según as arranca
Juan: que eu de vez en cando doulle cada sachada
usuario: ahi non
Juan: carallo, e non tera nada uste para cortala herbado estilo do sacho e cun bo acabado
usuario: teño unha fouciña de fibra: mango lixeiro.. utiliceina eu moito en juimbledon, pa corta-la herba antes dos campeonatos
Juan: ahh, xa me ten contado algo
usuario: bueno, bueno, .. que a colleu o federer e quedou asustado
Juan: sufre uste ahora de codo de tenista?
usuario: xa quería xogar con ela e todo.
Aljo sí .. pero mais ben eu sufro o codo de tintorristae a muñeca de chourizista da fonsagrada
Juan: carallo debe ter uste un brazo que da medo
usuario: coma un mundo ;-P
Juan: mimadriña

Un forte abrazo, señor Cundíns. 😉

Advertisements

2 comments

  1. migro os comentarios que había no vello blog:

    Juanjo, volta xa dos Madriles que na Capital non te cuidan coma nos!!!

    By Anónimo, at martes, 07 noviembre, 2006

    JOJOJOJO ….. Moi boa a conversa … Na tele saenche humoristas bastante peores , e ganan unha chea de cartos !!!! . En Luar están esperando por outros Tonechos … xa sabedes , presentádesvos un de cura retranqueiro e outro de labrego cachazudo, e a forrarse !!!

    By O pontés rozamontes, at martes, 07 noviembre, 2006

    gracias por este homenaxe rapaz, e dicirlle os letores da pagina que si teñen dudas pa comprar algun trebello de labranza preguntenlle o señor esmerodes, que ten pasado moitos anos de juventu detras dun arado

    By Anónimo, at martes, 07 noviembre, 2006

    JJ, volve prá terra que ahí nin o caldo nin as rapazas teñen sustancia … sonche como as sopas de sobre … moito avecrem e pouca freba !!

    By O pontés rozamontes, at martes, 07 noviembre, 2006

    Miña nai queridiña !!! Estes dous están como chotas…Mirade que conversas máis burrealistas…

    By Anónimo, at martes, 07 noviembre, 2006

    ¿E para que quere vostede un sacho en madrid? ¿Ou é que visita tanto a casa de campo, que vai aproveitar para montar unha hortiña na que sementar?
    Volte vostede inmediatamente, que aquí non teremos Cibeles, pero temos Cigalas, que saben moito mellor e non se enchen de borrachos cando ao madrid gana a petanca.
    Ademáis, debeme unha partidiña de Risk 😉

    By Anónimo, at martes, 07 noviembre, 2006

    Publicar un comentario en la entrada

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s