Recentemente leín un libro chamado “Entre el cielo y la tierra: historias curiosas sobre el purgatorio” de María Vallejo-Nájera.
Teño que dicir que me deixou impresionado, que me gustou moito e me resultou aditivo. O libro intenta descubrir ó lector que é iso do purgatorio, primeiro basándose na doctrina da Igrexa Católica, sobre todo na vida i experiencias de santos e místicos e logo transmitindo testimonios de persoas do noso tempo que tiveron experiencias “extrañas” con ánimas do purgatorio ou espíritus do “máis alá”, como se lles prefira chamar. Nalgún casos, póñenseche os pelos de punta eh.
Ademáis, para os católicos, como é o meu caso, ofrece 2 cousas máis: unha colección de oracións moi interesantes aplicables ó particular e a clara confirmación do importante que é dita oración.
En calquer caso, eu creo que se trata dun libro moi recomendable e que vai sorprender. Teño leído opinións de ateos dicíndo: eu non creo en nada, pero o libro está que se sae…
O que sí, có permiso da señora Vallejo-Nájera, quizáis abusa un pouco de certas “muletillas”, pero polo demáis, xenial.