Unha pequena volta por Asturias e León (5 de 5): Astorga e fin de viaxe

Bueno, pois esta foi a última parada, si señor: Astorga., rueiro, (1) e (2). Estaríamos alí sobre 2 horiñas, polo que vos faredes unha idea de que pouco podo falar do tema. Básicamente o que fixemos foi ver o palacio de Gaudí, que parece un castelo deses dos contos de fadas, e tomarlle un cafeciño.  Nin siquera entramos á catedral de Santa María e (1) (polo menos dende fora imponente eh), nin vimos os “maragatos“, nada. Tiñamos algo de presa e fixemos simplemente un pequeno alto, para comprobar si nos “abría boca” para volver con máis calma. E digo que sí, que si podo volvo, e vexo as cousiñas con calma, sacando as miñas fotos que tanto me gusta facer e aprovisiónome outra vez de un surtido de embutidos e queixos, como esta vez, que iso sí que nos fixo abri-la boca na casa de meus sogros na cena, ummmm.. mimadriña, que delicia: chourizo de León, salchichón, queixo, lomo e cecina, e unhas botellas de viño prieto picudo. ¡Que delicia!

Unhas fotos e con esta entrada acabouse esta aventura:

astorga_1      astorga_2      astorga_3

Máis fotos que atopei en internét aquí

Deixovos tamén os enlaces ás 5 entradas que forman esta viaxe: Unha pequena volta por Asturias e León

(1 de 5 ) León

(2 de 5) Gijón

(3 de 5) Covadonga, Cangas de Onís e Picos de Europa

(4 de 5) Oviedo

(5 de 5) Astorga (a presente entrada)

Resumindo:

Unha escapada recomendable: tranquilidade, paisaxes fermosas e moi boa gastronomía. O resto, vós mesmos. ;-P

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s