¿Cambio climático?.. e ¿por que somos tan sucios?

Últimamente o cambio climático está por todas partes: nos xornais, nos informativos, nas conversas da xente, nos debates televisivos e, ademáis, por desgracia está presente no día a día, xa non se pode negar.

Sen embargo, eu, como sempre, ando algo perdido e confuso, por iso de cando en vez vou sacar algunha entrada falando destes debates “de mín conmigo”.

O tema é que sí, que como dixen, todos estamos moi sensibilizados ultimamente có cambio climático e queremos que non suceda, porque parece que vai ser supertráxico e fodidísimo o temita, pero isto ¿sucedeu de repente?, ¿ninguén ata agora se dera conta?, ou ¿trátase diso que nos levan dicindo os ecoloxistas dende fai a tira de anos?. En fin.

Pero a “coletilla” de hoxe póñoa por ir máis alá: incluso agora que xa nos comezamos a ver coa auga pola altura do pescozo, aparte de falar e falar, ¿facemos algo?. E xa non o digo a nivel de governos e de políticos e todo iso, eu diso non entendo, senón de nós mesmos, os cidadáns anónimos, que tanto protestamos e tan vehementes somos á hora de esixir e de votarlle as culpas ós demáis: ¿realmente somos consecuentes có feito de que levamos moito tempo chupando do teto como si fose un maná lácteo eterno?.

Non sei, aínda que seguro que entre os que leades isto haberá moitos recicladores e xentes de ben, a mín dame a sensación de que cada vez somos máis contaminantes, máis consumistas e máis sucios. Sí sucios si. Non me refiro corporalmente, que alá cada quen, senón á manía de tirar todo para o chan: abrimos un chicle, papel pó chan, fumamos un pitillo (non é o meu caso, pero bueno), colilla pó chan, comemos pipas, cascas pó chan. De verdade, que algúns dos parques infantís ós que levei ó meu fillo algunha vez, estaban cheos de merda, caramba. Que á peña dalle igual, que xoguen os nenos pequenos, tiran a porquería alí e ala. Por non falar dos que levan o can (aínda que estes non afectan ó cambio climático ;-P),  a facer as súas necesidades e non o limpan, cajiná (coidado eh, que hai moitos que teñen can e limpan todo eh, nada de xeralizar). Un poquito de por favor eh.. que mañán tes ó teu fillo xogando coas cacas dos cans do veciño e claro, parecerache mal, hipócrita. Ata teño visto a papás e mamás fumando nos parques tirando a cinza e ala, que chova, que xa levará. Señoras e señores, que non costa nada, que é unha vergoña. Reitero, ¿por que somos tan sucios?

Primeiro obxetivo: tirar a basura nos baldes do lixo ou similares, non no chan. Ós que o tiren nó contenedor apropiado según o tipo de residuo para a súa posterior reciclaxe, daráselle un accesit de bó cidadán e de loitador contra o cambio climático.

3 pensamentos sobre “¿Cambio climático?.. e ¿por que somos tan sucios?

  1. Pois .. a resposta é evidente: falta de educación, entendida como respeto hacia os demáis e conciencia de formar parte dunha sociedade e un entorno natural . Aquí, inda que no material avanzamos moito, no sentido cívico e ecoloxista seguimos estando a anos luz dos europeos “fetén”, ou sexa, CentroEuropa e os países nórdicos . Non somos máis que os túzaros de sempre cunha man de pintura por riba .

  2. Suscribo punto por punto o dito por gatipedro. E digo máis: a falta de educación, hai que engadir falta de conciencia social. E comenzo por mín.
    Por exemplo, fai unha semana, en Vigo (cidade onde a educación e a consideración cara os demáis é prácticamente inexistente, sei do que falo, nacín alí…), paseando pola Avenida das Camelias, vimos a unha señora (por chamala dalgunha forma), cun piaso Golden Retriever. O can adoptou poses cagatorias, como é lóxico, e comezou o proceso (…); a tipa mirounos, así, desconfiada, mentres o cadelo daba renda solta as súas necesidades biolóxicas…imaxinade o regalo que deixou o can, é unha raza do tamaño dun Pastor Alemán.
    Aaaaaaaaamigos, credes que recolleu o feito polo seu can? NON. E eu díxenlle algo? TAMPOUCO. Debería? Sen dúbida. A isto me refiro con falta de conciencia social.

    Isto é o caso dun cadelo. Pero, e a xente que vai pola rúa e tira latas, botellíns de auga, papeis, e demáis, que? Ninguén se atreve a dicirlles nada, curioso. A diferencia de outros paises, sobre todo os nórdicos, onde ademáis da multa, podes levar un bronca que nin a túa nai…

    E non é ir en plan halcón callejero, é ir reclamando un pouco de civismo. Só iso.

  3. Pois eu vouche contar algo máis coñero. Ía eu pola Coruña, e unha señora cun tremendo can, que se pon a giñar nun cacho de verde que había por alí, e o can que remata, e a señora que quita un pano de papel do peto i eu digo: “uff, menos mal, unha señora educada”, cando, para a miña sorpresa, pónselle a limpa-lo cú ó can có papel e o zurullo queda no sitio.

    A gran mentada frase de Jesulín: “En dos palabras: Im prezionante”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: