Unha mente maravillosa.. hoxe en Santiago de Compostela

Si señores, en Santiago o matemático , JOHN FORBES NASH Jr., Premio Nobel de Economía 1994 (pincha para saber máis), participará hoxe dun acto público no marco do programa “ConCiencia”

Este home fixo brillantes aportacións en varios campos da matemática, aínda que o recoñecemento veulle da súa análise do equilibrio na teoría de xogos non cooperativos, que presentou como a súa tese doutoral (¡en tan só 27 páxinas, e aos 22 anos de idade!).

Pero sobre todo, a súa figura fíxose moi popular por mor da película A beautiful mind” (Unha mente marabillosa)
Unha vida apaixoante a del, marcada pola esquizofrenia paranoide.

O acto central da súa visita será o seguinte: 

            Conferencia: Diñeiro ideal e diñeiro asintóticamente ideal

             Lugar: CENTRO SOCIOCULTURAL FUNDACIÓN CAIXA GALICIA (Carreira do Conde, 18)

             Día: mércores 21 de novembro 

             Hora: 20:00

             NOTA: con tradución simultánea

Publico esta entrada tras recibir un correo anunciando o evento por parte de Jorge Mira Pérez, Director do Departamento de Física Aplicada, Área de Electromagnetismo – Departamento de Física Aplicada, Facultade de Física, Universidade de Santiago de Compostela. Unha aperta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: