¿De onde saen os cartos?

Lembro unha vez que un profesor de historia nos explicou en clase os rudimentos de funcionamento do sistema económico moderno. Tamén lembro que estaría eu cursando 7º da antiga EGB ou algo así, e a miñas atencións dirixianse máis ás miñas compañeiras, que ós xogos máxico-económicos que facían que si eu tiña un papel no bolsillo, dun determinado color e feito polo Banco de España, poidese comprar os tebeos de mortadelo  e superlópez e, si iba có papel de estraza do bocata, me miraran cómo si estivera tolo. Curioso. Creo que nunca o entendín (e non sei si o entenderei ;-P).

O tema parece ser que si o estado tiña un kilo de ouro entón, facían uns “vales” que dicían: “vale por mil pesetas do kilo e ouro que ten o estado”. Vamos, ó puro estilo Zipi Zape, que lle facía Don Pantuflo: “vale por un manillar de bicicleta”, ata que conseguían a bici completa..jaja.. que nunca a conseguían.. porque eran algo preas ;-D

Pois a mín pásame coma a estes terribles irmáns, nunca vin o kilo de ouro nin sei quen o ten nin onde está. E agora pregúntome ¿realmente existe? ou ¿será isto coma o monopoli e andamos todos cambiando cromos sin valor real, pero como no lo creemos, pois ala?.

E ademáis, carafio… que si saen tropecentosmil billetes de tropecentosmil paises cada ano.. a montaña de ouro ten que ser coma o Everest. Vamos que non ten que ser fácil de agachar ;-D. Igual só hai un kilo, e cada vez hai máis “vales” deses, pero o mundo se comporta como si houbera infinitos kilos e ala. Non  sei.

Dende logo agradecería a un entendido en Economía que me volvera a explicar estas cousas que me perdín polas miñas afectacións hormonais da época ;-D. Graciñas por anticipado.

O que si vos vou deixar é un enlace a unha entrada dun blog que vos recomendo sobre temas inmobiliarios, hipotecas e demáis… CienLadrillos. Está moi ben eh.. totalmente recomendado.

E agora o enlace, que sae un vídeo moi chulo, que te deixa flaseado aínda que debe ser bastante demagóxico. Non deixedes de velo: ¿Como funciona un banco?

3 pensamentos sobre “¿De onde saen os cartos?

  1. Pois sí, a escea é bastante tramposa, pero claro, e unha película . Iso non quita que os bancos sempre gañen, como todos
    sabemos . Por certo que a escea é unha homenaxe (ou un plaxio moi descarado) a outra escea de “O Séptimo Selo”, de Bergman,
    grandísima película, na que o cabaleiro xoga ó xadrez coa morte nun esceario moi similar.

    Unha das cousas que nunca entendín (nin sequera agora o entendo de todo) é por qué cando un goberno tén problemas de cartos non se limita a imprimir
    máis billetes e punto!! Eu se tivese unha máquina de facer euros na casa había estar todo o día dándolle ó veo .

    E outra boa, que escoitei hoxe na radio a un economista: para conter a inflación e que non suban os precios hai que conxelar os salarios, porque se
    suben tamén suben os costes das empresas, que o repercuten nos precios, e daquela os salarios que subiran antes xa non serven pra nada …
    a paradoxa do mercado capitalista!!! O caso é que sempre pagamos o pato os de a pé .

    A peli esta estaba bastante ben …. era un concurso onde todo o gañaba o home “en especies” …. e logo Facenda reclamáballe unha chea de cartos
    en base ó IVE pero cando queria vender as cousas non lle daban un can .. .pq estaban compinchados cos do concurso …. acababa a cousa moi mal
    para o tipo . Esaxerado … pero plausible
    .

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: