Lubina ó viño blanco con azafrán

Trátase dun guisote de peixe facilísimo. Eu fíxeno nesta ocasión con lubina, pero pode facerse con dorada, con pescada, bertorella, bacallao fresco, etc.

Ingredientes: Vamos a supoñer 2 lubinas de ración. Neste caso necesitamos 2 ou 3 cebolas de tamaño medio/grande, 5 ou 6 dentes de allo, un chorriño de viño blanco, un pelín de zume de limón, patatas (si se quere acompañar delas), 1 sobre de azafrán (pero azafrán eh, non colorante), 1 chorriño de aceite de oliva, sal, unhas raspaduras de noz moscada e perexil

Procedemento:  

Como dicía, facer o plato é facilísimo. Poñemos aceite nunha pota a quentar e imos picando a cebola ó bruto eh.. sin necesidade de picar moito e imos votando dentro da pota, o mesmo para o allo. Iso sí, a lume lento. En paralelo, cortámola lubina en “toros” e  votámoslle sal. Eu vótolle bastante, pero iso vai no gusto de cada un. Cando o allo e a cebola están rustidos (a cebola vaise poñendo trasparente), poñemos o peixe enriba desa mezcla, un ratiño e, ó pasar un ratiño dámoslle a volta. Pasan 2 minutos e ala, medio vaso de viño blanco pa dentro. Engadimos unhas poucas raspaduras de noz moscada (senón temos, un pouquechiño de pementa blanca) e deixamos un pouco que se faga todo para que o alcohol do viño se evapore. ¡Ah, que se me olvidaba!, todo isto coa pota sen tapar eh.  Agora chegou o momento de engadir o sobre de azafrán e as patacas que debemos ter previamente peladas e cortadoarrancadas en cachos mais ben pequenos. Mesturamos todo e botamos auga que cubra un pouquiño as patacas, pero pouco, que se vexan cachos de pataca. Non hai problema, ó cortalas pequenas, o vapor da coción vai ser suficiente para que queden ben. Veña, probade o caldo, rectificade de sal, tapade a pota e esperar ata que estén as patacas casi cocidas. Nese momento, cando falten 5 minutiños para que estén, votade un chorriño pequeno de limón e espolvoreade con perexil.

 En 5 minutos xa tendes o peixiño para comer, rico, rico.

Nota: “cortadoarrancadas” significa que tes a pataca pelada e vas a cortala en anacos e comezas cortando e cando vas pola metade do corte, paras e arrincas. Con isto consíguese que a pataca coza mellor e sobre todo, chupe mellor a salsa.

Poñovos unha foto, aínda que é algo cutre por varios motivos: a) non está o preparado o plato en plan “presentación”, está como foi quitado da pota pa comer b) en lugar de un sobre de azafrán voteille 2 (erro) e casi teño que comelo con gafas de sol ;-D. Unha aperta e espero que vos guste.

lubina_o_vinho_branco_e_azafran

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s