Eu nin sequera sabía que me espiaban os emails !!

Eu, como moitos de vostedes, son usuario de gmail. A conta de correo electrónico está moi ben e a mín resúltame moi cómoda, a verdade. Sen embargo, non tiña nin idea de que me “espiaran”. Agora diranme vostedes: hai que lee-las licencias das movidas nas que te apuntas. Claro.

A verdade, eu non teño secretos de estado nin conspiracións mafiosas nos meus emails, pero bueno.. tampouco me teñen que ver as intimidades por que sí. Non sei. O certo é que me enterei por unha nova que acabo de ler e que supoño que vai facer que os que somos usuarios de google apreciemos cambios nun futuro cercano. Hai que andar atentos.

Deixovos o enlace á noticia que vin en europasur.es: Gmail, el ‘correo espía’ de Google, ilegal en Europa

3 pensamentos sobre “Eu nin sequera sabía que me espiaban os emails !!

  1. Eu tampouco leo as EULA, pero neste caso a xente sí que o comentaba na súa época, era a maneira que tiña de ser gratuito, financiándose coa publicidade.
    O que fan é atopar palabras clave cun robot de búsqueda(coma no google) e segundo eso amosan anuncios relacionados. De todos modos eles avisan que o fan, non sei se yahoo, hotmail, etc… fan o mesmo.
    Podedes probar a mandarvos a vós mesmos un correo falando de distintos temas e veredes que a publicidade varía.

  2. A verdade é que foi bem soado no seu tempo, quando Google lançou o Gmail, que usariam um robot que leria o correo para que a publicidade se contextualiçara co contido das mensages.
    Eu uso o gmail desde fai moito, quando tinhas que ter umha invitaçom para poder usá-lo, e era vox populi o asunto este. Agora a única novidade é a Uniom Europeia se posicionou sobre isto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: