“Yo mato…” de Giorgio Falleti

Rematei onte de leelo. Chegou ás miñas máns como “best seller” e realmente responde a tal etiqueta. Ademáis dunha portada moi chamativa (na que aparece o texto “Yo mato…” como si fose có dedo e con sangue),  utiliza unha  linguaxe directa,  ten unha liña de acción moi rápida, unha mensaxe sinxela e personaxes dos perfís que toda a vida funcionaron:o chalado asesino super difícil de pillar, o poli noble pero endurecido polos sinsabores da súa profesión e a traxedia personal, a “chica”, os “xefes” trepas e politizados ós que só lles interesa quedar ben, o “compañeiro”, ese poli amigo que se une ó protagonista formando unha irmandade indestructible…Vamos, un thriller con tódolos ingredientes para triunfar nas librerías do ancho mundo.

A mín gustoume. O desenlace da persecución do asasino non me acabou de convencer pero bueno, gustoume. Ademáis creo que era o primeiro libro de este home o cal ten o seu mérito, porque aínda que a fórmula sexa coñecida, logo hai que ter mañas e mesturar todo ben para que saia rico o cocido eh. Que sendo a mesma receita, non é o mesmo comer o cocido que fago eu que o que fai miña nai ou miña sogra (si algún día leese isto miña sogra, xa teño puntos para que me faga os almendrados ;-P).

Recoméndovolo. É un libro que engancha moitísimo, ten moi boas descripcións e a forma en que está escrito fai que ás veces desexes poder leer máis rápido e asorber o que dí con só ver as páxinas. Está entretenido.

Advertisements

3 comments

  1. Pois eu terminei de lelo estos dias. A verdade é que me enganchou dende o principio e eso que eu suelo ler pouco. Recordoume bastante ao estilo dos best sellers de Ken Follet (exceptuando aos Pilares de la Terra), pero ten un toque máis divertido xa que te fai bailar continuamente sobre quén é o “malo” da historia. Estou dacordo en que o desenlace tamén me defraudou un pouco, pero non por eso deixa de ser un libro moi entretido e moi recomendable.

  2. A mín tamén me gustou , e un libro que engancha e que apesar de parecer extenso se lee rápidamente (quizá por eso). Como os anteriores tamén coincido en que o final sexa donde fraquea un pouco (parece que un queda con ganas de mais) pero sen dudas que non o desmerece para nada. Dende a miña humilde opinión recomendo a súa lectura.

  3. El libro está genial, una locura!!, nunca mejor dicho ;-). Es de esos libros que empiezas y te engancha desde el principio, eso me encanta porque algunos tienes que leerte casi la mitad del libro para llegar a coger “de que va” pero este no, desde el principio ya engancha con la trama del libro. Estoy de acuerdo con que el final no es muy espectacular pero tampoco le hace falta, creo que termina bien, y además por supuesto… el chico bueno termina con la chica… como en toda historia que se precie, jajaja. Recomiendo su lectura, muy interesante

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s