Quero buscar Jalisia no google. Sin problema, ahí tes o jujel ;D

Eu sonche da aldea. A mín jústame o cosido e o caldiño de jaliña, os chourisiños e o lacón con jrelos. Eu non entendo porque non existe a j en jallejo, e porque resulta que se pode escribir grazas (que na miña vida escoitara cousa ijual) e non jracias. E que os pepinos creo que xa non hai en Jalicia, que ajora temos cogombros e que non temos tampouco k, esta non é que a use moito pero bueno, sempre me justou máis escribir “keike” que “queique” ou “cake”.  Resulta que como non temos a j pero a usamos temos que poñer gh, e para escribir jaita temos que poñer ghaita, que llo dou a ler a un vello de meu pueblo e dime: “¿e que pon ahí  rapás?

En fin, está claro que me estou votando á piscina sin saber nadar, porque eu de lingüistica non teño nin idea, e quizáis haxa motivos para facer un jallejo (ou galego que tamén me gusta), que non fala (nin escribe) ninjén. O galego fálase maioritáriamente nas aldeas e alí, poucos lle dan á versión oficial. Os que falan castelán/castellano de toda a vida, raro que cambien, aínda que teño visto casos, e estes sí que van polos derroteiros da normativa. Iso sí, si se puxeran ó día cóa versión 2.0 do galego, cando sae a 3.0 xa estamos na mesma.  Non sei.

 Evidentemente este é un post que (por unha vez, non creo que se repita), busca certa polémica. Sí, confesoo. Pero por favor con educación, que sexa unha polémica constructiva, que se den explicacións con ánimo de ilustrar (ós burricáns coma mín que estamos asentados na postura do práctico), que se entenda o porque dos cambios e o porque de utilizar esas palabras que non teño moi claro de onde veñen (que si do ano catapúm, que si do portugués… non sei), de porque non se incorporan como válidos os vulgarismos, enxebrismos, hipergaleguismos e todos os …ismos..

Todo isto escribino tras chegarme un enlace que me fixo moita coña: o jujel, unha versión jaleja do google. Non vos digo máis, póñovos o enlace á noticia e tamén ó “novo” buscador:

 Jracias, Silvia ;-P

P.D.: tampouco podo deixar pasar a ocasión de facerlle unha mención especial ó señor Varela, alias JramáticoOrtojráfico ;D

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s