Gigli con gulas e aceitunas negras

Esta é unha receita “para vagos”, que xa fixen un par de veces, e que está boísima . Dado que é para vagos, non me vou matar moito indicando as cantidades; co sinxelo que é, cada un poderá axustalas ó seu gusto. Estes son os ingredentes:

  • 200 gr. de Gulas: Iste é un nome comercial; trátase desas “angulas” de pega que compramos os pobres . Polo que eu sei, as de verdade tampouco saben a moito sen o allo e a guindilla, así que ben valen estas
  • 200 gr. de Gigli de verduras: é unha pasta de cores con aspecto de pequenas caracolas e bordes lobulados . Eu emprego unha procedente de agricultura ecolóxica e cocida en pota de cobre que vale o triple que a típica pasta de supermercado, pero a diferencia é abismal, asegúrovolo . Obviamente o plato podese facer con espirais, macarróns ou chourizos de cantimpalo, pero xa será outra cousa.
  • 1 presada de aceitunas negras sen óso
  • 1 cebola pequena e un dente de allo

Preparación:

Como case todas as receitas de pasta, esta é ben sinxela . Por un lado, picamos ben fina a cebola e o dente de allo, botamos
un pouco aceite nunha tixola e facémolos a lume suave ata que a cebola estea transparente e brandiña; entón botamos na tixola as gulas e salteamolo todo a lume forte dous ou tres minutos, remexendo todo ben para que as gulas espabilen e lles entre no corpiño o sabor do allo e a cebola; para os bravos deixo a opción de meterlle tamén guindillas; eu paso, gracias.

A pasta farémola aparte, seguindo o procedemento habitual; eu acostumo a botar un pouco de manteca na auga de cocción antes de botar a pasta, para que non se pegue ou quede “gomosa”. O máis intelixente é calcular os tempos para que a pasta estea lista ó mesmo tempo que rematamos de remexer as gulas, para que non se enfríen ; este plato debese tomar quente, porque se enfría perde moita gracia, ó menos pra o meu gusto.

Cando teñamos feita a pasta e as gulas xuntámolas nunha ensaladeira, botamos por riba as aceitunas picadas en anacos pequenos, regámolo todo con aceite de oliva virxe da maior calidade posible, remexémolo todo e a comerrrrrrr !!

Esta receita adicolla a todos aqueles para os que a comida é algo máis que unha necesidade, e a encadran dentro do apartado “placer” .

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s