¿Un bromista que chama o 016?, non, un bromista non, un imbécil

O problema da “violencia doméstica” (dúas palabras que xuntas constitúen unha antítese), e dos maltratos á muller en particular, é moi, pero que moi serio. Non é unha broma nin un chiste. Non é un tema que deba tratarse de maneira frívola ou superficial. Non o é, porque resulta que morren persoas, mulleres que quizáis con esa morte abandonan unha vida miserable chea de humillacións, insultos, patadas, golpes, moratóns, vergonza, sentimento de culpa, e un largo etcetera. Mulleres que soportan unha forma retorcida de “terrorismo” (según a RAE: Dominación por el terror) e incluso diría eu de “escravismo“, pois provén do que empezaron querendo e do que empezaron namorándose.

Para que as víctimas desta situación poidan buscar saídas e denunciar o calvario polo que pasan, existe un teléfono, o 016, ó que se pode chamar e, según leín, resulta que é un teléfono que “non deixa rastro”, nin sequera na facturación (có obxetivo claro de que o agresor non sepa que a víctima está intentando saír da súa cárcere).

 Por todo isto, resúltoume indignante leer a seguinte noticia: El 81,6% de las llamadas al teléfono contra el maltrato son bromas, insultos y amenazas vía 20minutos. É que me repatea eh. Hai que ser imbécil. O dos insultos e amenazas ata o comprendo: digo eu, que serán os … que maltratan, na súa particular e valiente maneira de “vengarse” (igual de valientes que cando lle pegan á súa muller, polo carallo se lles dá por intentalo cun tipo estilo 4×4, cajiná), pero, ¡¡ o das bromas!! buffff.. menuda broma.. Non sei, serán nenos que fan coñitas, bueno.. todos fumos nenos. Pero, por favor, si hai algún desalmado, que pase dos 16 e faga isto, que pense que podería ser a súa nai, ou a súa irmán á que tódolos días lle partiran a cara, e nese instante, en que o imbécil está facendo a broma, está intentando chamar, porque ten os 5 minutos que tarda o “ogro malvado” (por non decir tacos), en ir por tabaco.

Deixovos algún enlace:

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s