Como moita xente teño un lector de RSS instalado e, de cando en vez, salta un avisiño resumo mostrando as novidades. Neste caso era un aviso que viña de meneame e que versaba á súa vez sobre un sitio onde che van facendo unhas preguntiñas e ó final che suxiren cal é a versión de linux que máis se che axusta ó corpo ;-D.
A verdade é que é unha paridilla, pero está ben, creo que é útil. Deixovos o enlace que referenciaba menéame Aplicación Web para Seleccionar tu Mejor Linux e o enlace onde está esa aplicación para elixir linux Linux Distribution Chooser
¡¡CHORRADECES!!
A única versión válida para un informático de pura cepa é Debian (tamén coñecida como a versión de Linux para homes de pelo en peito :-p). O demais son trangalladas.
Un saúdo.
jajjaja.. si señor Don Vitto.. ten vostede razón.. as demáis xa nin debía de habelas ;-D
parafraseando un vello chiste:
¿qué distribución de Linux usas?
Suse/Ubuntu – Florecilla
Debian – Veterano
Gentoo – vikingo
Uso a miña propia distribución – Machoteeee!!!
Suscribindo o que din de Debian, eu aínda diría máis, a mellor version de linux é a que instales sen NINGÚN programa propietario. E nisto son intransixente. Que máis da que uses linux se logo o enches de software propietario?