Viaxe a Portugal – 1ª parte

Neste post vou contar o noso itinerario por Portugal na Semana Santa, para quen lle interese ir algunha vez (moi recomendable), tratando de especificar lugares de interese, restaurantes (o papeo é o máis importante) e aloxamento (despois do papeo, o segundo máis importante :D).

Para facelo máis ameno, e dado que hai cousas que facer á parte de poñerse a relembrar tempos mellores, irei debullando a viaxe cal diario da señorita Pepis, cun post por día de viaxe, exceptuando Setúbal, que non sei se merece un post independente, xa veremos. Comezamos:

A idea era facer un percorrido de martes a domingo, partindo de Santiago, coa obrigada escala en Vigo para deixar parte de nosa familia animal cos parentes máis pring… con espléndidos familiares que coidan deles desinteresadamente. Chegar a Lisboa, e o venres baixar cara a Setúbal, para o día seguinte ir cara á zona do Alentejo, concretamente á mítica cidade de Évora. O domingo, a dura viaxe de volta ás obrigas cotiás 😦

A familia. Ou a manada, según.

Saíndo ás 13:00 horas de Vigo, a ruta é pola autoestrada que atravesa Portugal de Norte a Sur, comezando pola A3 ata Porto, e cambiando aí á A1. O noso amigo Tom^2 vainos dando a ruta correcta, que, por outro lado, é bastante sinxela de seguir polo ben sinalizada que está a devandita vía, se ben é certo que as obras poden levar a confusión en certos puntos da circunvalación do Porto. No entanto, todo transcorre sen problemas, e despois de case 6 horiñas de viaxe (con paradas para comer, cafés, etc.) chegamos a Lisboa.

O noso centro de operacións estaba nunha “pensão” que Cristina coñecía da súa etapa lisboeta de hai case 5 aniños, chamada Pensão Dublin. Barata, funcional, e moi ben ubicada, o certo é que nos tocou en sorte unha habitación non excesivamente luxosa. Vamos, os meus recordos deste sitio (si, eu xa estivera) eran bastante mellores do que puiden ver nesta ocasión, principalmente polo que se pode ver nas fotos.

Esas crianças das feiçoes…Máis crianças, máis feiçoes…A casa de banho. Ollo coa ducha!

Con todo, como xa dixen, o sitio custa 55 € por noite / habitación dupla, co almorzo incluído (non é especialmente bo, pero cumpre a súa función). Malia todo isto, o mellor é a súa ubicación: ao lado de varias estacións de metro, e a poucos minutos do centro, ademáis de estar nunha zona tranquila.

Mapa de situación da pensión. Click para ampliar.

A primeira noite foi de contacto: a idea era ir ás Docas, unha zona de marcha realmente impresionante (a min é das que máis me gusta de Lisboa) no porto con todo tipo de locais, pubs, restaurantes de todos os tipos e prezos, discotecas, e todo o que se pode pedir, sempre coa elegancia e discreción dunha cidade grande pero con encanto como é Lisboa. Pero meus amigos, a idade pasa factura, e a memoria de dona Cristina inverteu o plano da cidade. Non se sabe como, ela estaba totalmente convencida de que a dita zona tiraba cara á ubicación do complexo da Expo, e cara a alí fomos levados dilixentemente por tres das catro liñas de metro dispoñibles. Unha vez alí, despois de varios minutos de confusión, ela chegou á conclusión de que estabamos xusto no outro lado da cidade: as Docas, como todo o mundo sabe, quedan cara a Belem!

Despois de valorar as nosas opcións, e dado que xa empezaba a aflorar a fame da viaxe, decidimos quedar por alí, unha zona que descoñecíamos, pero que prometía bastante.
Ao carón dun enorme casino (non, non entramos!) había unha zona de restaurantes, similar ás Docas, pero máis… non sei, non tiña o mesmo encanto. Pese a todo, entramos nun restaurante brasileiro, e, amigos, aí chegou a apoteose culinaria da semana. Que grande Brasil! Que comida! Que sobremesas! Que rapazas! Que caipirinhas! Que rapazas! Pero, en serio, a comida foi do mellor que probei en moito tempo. E as sobremesas xa non digamos. Precio total, 69 eurazos, dúas persoas, entrantes, dous pratos principais de peixe e gambas, botelliña de viño (verde), sobremesas (xa louvei as sobremesas??) e dúas caipiriñas (non podía faltar!). Non era especialmente barato, pero joder, valía a pena.

Bueno, varias caipiriñas despois, decidimos ir ao Barrio Alto, zona de marcha nocturna por excelencia, tipo Santiago: bares pequeniños, moita xente nas rúas, e moi bo ambiente. O malo: empezou a chover, cousa rara en Lisboa, pero habitual nas nosas viaxes. Vista a hora, o clima, e a dureza da viaxe, escollimos unha retirada prudencial, tendo en mente tomar a mítica “ginjinha” (copiña de especie de licor de guindas) de volta para a pensión. Craso erro: o lugar en cuestión, famoso pola súa chabacana presenza e tamén polos seus pintorescos clientes, pechaba ás 12 da noite. Pasabamonos case por dúas horas. A ver mañá…

Advertisements

4 comments

  1. jajaja.. como mola macho.. son as típicas movidas que cando che pasan píllaste un cabreo, pero logo có tempo párteste recordando… jaja..

    Estiven en lisboa, pero pouquiño i era moi pequeno. Sen duda haberá que voltar.

  2. Que dicías das sobremesas de Belem que non me quedou claro? Encántame o Bairro Alto, de verdade, tomar un café ao lado de don Pessoa é toda unha experiencia. Por certo, hoxe un colega freak, deses dos que me vanaglorio ter, soltoume unha pessoada a primeiriña hora da mañá: “levo as feridas das batalhas que nao loitei”. Excelente!
    Sobre a choiva lisboeta, sempre me fixo moita graza iso de que chova pola noite. É unha cidade bastante considerada nese sentido. Querido Carlos, non sei se recordas que as tormentas nocturnas son unha constante nas nosas viaxes a Lisboa.
    Estou segura de que sabes canto lamento non compartir convosco esas caipirinhas. Tívenme que consolar este venres cun daiquiri no “New Orleans”, a cocktelería máis decadente que Calafell viu endexamais, e desta vez tiñamos ao noso carón unha señora “pixapins” que ría como “Oveja”. Que escándalo!
    Bicos

  3. Pessoa!!! Olvideíme de Pessoa!!! Joder, alí tomamos as pertinentes caipirinhas antes de que empezara a chover, e tiven unha conversa/discusión coa miña querida esposa que é mellor que non sepas 😉

    Por non falar dos turistas que viñan pedíndonos que lles dixeramos quen era ese home tan fotografiado, ou, xa cara o final da noite, unha rapaza que andaba colocando carteis co lema “Give Belarus the freedom”, entre outros sitios, no regazo do amigo Pessoa 🙂

    E non te queixes, o New Orleans é un sitio caralludo. Xa quisera eu voltar, carafio, que menudas risas me botei cos improvisados espontáneos que nos deleitaban cos seus melódicos alaridos 😀

    Un biquiño, e a ver si chegades dunha vez!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s