Alerta Antivirus

recuperada dende o antigo blog

O outro día recibín unha mensaxe por correo dun amigo que era destas reenviadas en plan aviso mortal e “non sei si será verdade, pero por se acaso, si che mandan un correo que pon invitado, .. é un virus criminal que che borra ata a marca do calzoncillo que levas posto e o ordenata arde en chamas e ó rematar sae un enano de dentro que che mete os dedos nos ollos”.. que si tal fonte e tal outra (sempre nomes famosos claro), dicían que non abrises o mail e que por si las moscas, encenderas o PC ó pasar un trienio.


Bueno, a verdade é que a min rascoume un pouco, aínda que podía ser certo, pero podía ser certo e entón .. mimadriña, xa estaba eu rebuscando no armario a ver si tiña traxe ignífugo. O tema é que “arrebuscando en intrené”, topeime cunha páxina (que creo que pertence ó Ministerio de Traballo), onde che informan de todo o relacionado có mundo dos virus.


Busquei “invitado” e alí me saíu a descrición do correo que eu recibise dicindo que si era un bulo e que tranquis, pero bueno, que podía ser certo, e nese caso ofrécenche solucións e información. De moita utilidade, muchachos. Pos nada máis, ata a próxima. (alerta-antivirus)
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s