Lombo de porco con fabas e pementos vermellos: comida rápida

Algún vai pensar que estou de cachondeo, lombo de porco con fabas e pementos vermellos e digo ¡¡ comida rápida!!. Pois sí. Cando saibades porque, os puristas chamarédesme herexe ou algo peor, pero bueno.. creo que poderei soportalo.

O tema é que hai que darlle ó manduque señoras e señores, e moitas veces non hai tempo para florituras, por iso un ten que tirar de productos “envasados”  e non ler  ás etiquetas que traen para evitar darte conta da inxesta de conservantes e argalladas varias que metes no corpo ó comelo. Bueno, procedamos:

Ingredientes:

  • Un bote de fabas precocidas (tamén valen alubias). Normalmente veñen en tarros de cristal e andan sobre un euro. Eu sacoas do cacharro e escurroas antes, non as poño directamente.
  • Uns poucos pementos asados. Eu habitualmente comproos de bote e teño en casa, pois iso, pillas uns pouquiños.
  • Uns filetes de lombo de porco
  • Un dende de allo
  • Un chorriño de viño branco.

Elaboración:

Nunha tixola votas un pouquiño de aceite e comezas a facer os filetes de lombo. Cando xa empezan a dourarse, sácalos e córtalos en anacos máis pequenos. Entón, engades un poquiño máis de aceite de oliva, os anacos de lombo, o dente de allo moi picadiño, os pementos cortados en tiras e as fabas. Remexes.

Xa vas vendo, pero isto leva pouco eh, uns minutos. Cando penses que xa casi está, engades o chorriño de viño e removes. Salgas ó teu gusto e deixas no lume ata que o viño se evapore un pouco (un par de minutos) e… ala. Xa está. Eu creo que en 10 ou 12 minutos está todo feito. E está moi rico eh.. sobre todo si che gustan os pementos ;-).

Eu escribín isto e comín o que vedes, pero os méritos son de Carina que o fixo, así que, gracias Carina.:-P

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s