Un novo bebé na casa, ¿e agora que?. Pequena guía do papeleo que hai que facer

A ver, o primeiro dicir que escribo este post porque mo pediron uns amigos que o necesitan e que dende que eu fixen todo o proceso, xa  pasaron casi 6 meses, polo cal, seguro que vou cometer erros e non me vou lembrar dos nomes dos distintos papeis que se necesitan.  Dito isto, non só se aceptan, senón que serán ben recibidas as correccións que me fagades.

A ver, situémonos no hospital. Acaba de nacer o voso retoño: ¡¡¡ Bieennnn!!!. Alegría, felicitacións, visitas, cansancio da pobre mamá, as nosas babas caíndo a chorro, vendo pó noso filliño. Si, pero ¿que teño que facer agora?. ¿Os 2500 euros?, ¿Que teño que facer coa miña empresa?, ¿e a miña muller?…

Vaiamos por partes:

O primeiro é rexistrar o neno no xuzgado. Para iso, danche uns papeliños no hospital (pídeos), os cales tes que cubrir algúns datos e irte con eles ó “rexistro” do xuzgado que che corresponda. Ademáis do que che dan no hospital, tes que levar outra documentación, non me lembro do detalle, pero o que é seguro é o libro de familia (quizáis fotocopias do dni da nai e do pai ??).

Chegas ó rexistro e deixas alí a documentación. Normalmente non cho devolven no día (creo que ten que firmar o xuíz e face-lo correcto apuntamento no libro de familia e de rexistro .. si hai algún xuíz ou administrativo, que confirme isto, por favor), entón dinche: volva vostede o día D a recollelos.

Cando che dan estes papeles no rexistro, tes que volver con eles ó hospital. Xa non me lembro si ó entregalos no hospital che devolvían inmediatamente a parte que che fai falta ou había que esperar. O tema é que che teñen que dar uns papeliños (certificado de maternidade, etc), que che van facer falta máis adiante.

A grosso modo, os procesos que quedan en este momento por levar a cabo son os seguintes:

  • Arranxar a situación médica da mamá e do bebé
  • Arranxar a situación laboral da mamá
  • Arranxar a situación laboral do pai
  • Solicitar as subvencións de 2500 e a dos 100 euros mensuais según che corresponda.

 

Arranxar a situción médica da mamá e do bebé: Unha vez a mamá i o bebé estén dados de alta no hospital ( e dicir, que veñen para casa), nos primeiros días hai que facer unha visita ó médico de cabeceira. Nesta visita, o doutor/a examina o bebé e arranxamos alí o seguinte:

  • Si a mamá pillou baixa antes de dar a luz, recolle o último parte de baixa e fírmalle a alta desa baixa previa ó parto.
  • Có certificado de maternidade en man ;-), o doutor firma a baixa por maternidade para a mamá
  • Danche unha ficha onde debes cubri-los datos do bebé, ademáis pinchan o neno e sácanlle sangue e mollan un papeliño, ademáis tes que tamén mollar con orina do neno. Isto todo vai nun sobre que se envía á Xunta para que lle fagan unhas análises ó neno (para ver si hai algún problema) e ademáis para solicita-la tarxeta sanitaria do neno.

Arranxar a situación laboral da mamá: có certificado de maternidade (creo que daban 2 copias) e co libro de familia (non lembro si eran necesarias ás dúas), co papel da baixa de maternidade e si foi o caso a alta da baixa previa e o último parte desa baixa (que recollimos no médico de cabeceira como dixen antes), hai que ir á empresa da mamá a pedir un certificado onde dí que a empresa está enterada e dacordo coa situación. Isto é necesario para logo ir á seguridade social para solicitar a prestación por baixa de maternidade (4 meses, que poden dividirse si se quere entre o pai e a nai): isto é, dicirlle á seguridade social que tiveches un fillo, que a empresa está enterada e todo correcto e que é a seguridade social a que che ten que apoquina-lo soldo.  Cando a empresa che dá ese papelito, xa podes ir á seguridade social, onde che darán outros papelitos correspondentes á solicitude de maternidade que terás que cubrir tamén. Como vedes, unha montaña de papel

Arranxar a situación laboral do pai: no caso do pai é máis sinxelo. Hai que ir á empresa có libro de familia para que che den o papelito que necesitas e xa podes ir á seguridade social. Alí, por suposto, tamén tes que cubrir os impresos de solicitude de prestación por paternidade. ¿Por que?. Pois porque agora, cando eres pai, tes de permiso os días que che dá a túa empresa por convenio (no meu caso 2) e logo 13 días que che outorga o estado. Eses trece días págachos o estado. Tes que decidir cando vas pillalos, non teñen porque ser inmediatos ó parto. Ah, que se me olvidaba. Por suposto, cando nace o neno tes que chamar á empresa para dicirlle cando vas disfrutar dos días. Non vale dicirllo cando vas por alí a pedir o certificado. No meu caso, entre que esperei por hospital, rexistro e tal, xa pasaran 4 días.

Solicitar os 2500 euros e, si che corresponde, os 100 mensuais: isto é o máis fácil. Só hai que ir a unha delegación de facenda, cubrir un papelito onde pos o número de conta no que queres cobrar e vía. O papel xa vale para as dúas cousas. Creo que tamén se pode facer por internet.

 

Bueno, xa vedes, un lío criminal. Ide simultaneando os pasos, é dicir, por exemplo, vás á empresa da túa muller, logo á túa, pasas pola oficina da Seguridade Social e colles os impresos (sin gardar cola) e vas pá casa e cubres todo. Logo volves outro día i entregas todo (agora sí que hai que esperar ;-( ). Ó rematar xa podes ir a solicitar os 2500.. Iso, que xa vedes vós.

Insisto que seguro que me liei e me confundín. Por favor, almas caritativas, iluminade a miña memoria e correxídeme ou informádeme, que isto pódelle valer a moita xente.

Aproveito para pedir ás administracións, que se mellore todo este proceso. Ó meu modo de ver, só debería facerse o trámite do rexistro, a visita médica, dicirlle á empresa cando te colles os días de parternidade e proporcionar os números de conta para cobrar, o resto, unha vez que un xuíz valida de cara ó estado, que tiveches un neno, xa debería facelo a administración de oficio. ¿Non resulta increíble que haxa que dar 50 voltas e proporcionar varias veces os memos datos ó que son institucións do estado?. Por favor, esfórcense niso. Gracias.

P.D.: por certo, asegurádevos de que non tendes os dni’s caducados, que a mín pasoume e non me quixeron na Seguridade Social a fotocopia e .. ala, a renovar dni ;-P

 

Un saudo, espero que vos sexa útil.

 

Advertisements

5 opiniones sobre “Un novo bebé na casa, ¿e agora que?. Pequena guía do papeleo que hai que facer

  1. A axuda dos 2500 pode facerse por internet, si tes un certificado de firma dixital, ou o carnet electrónico e a mar de facil. No pedimola así, e foi todo moi ben.

  2. robert:

    thanks, the site design is a theme from wordpress:
    -> Theme: Mistylook by Sadish.

    I only push the photo in the header: The sea in Puerto de la Cruz, Tenerife

    Bye, roadmaker

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s