El cazador de sueños, de Stephen King

Como dín os rapaces, “ida de olla”. Nunca me leera un libro do mediático Stephen King, polo cal tiña a curiosidade de saber, porque os seus libros teñen tanto tirón. Logo de leelo, chego á conclusión que é unha cuestión de estilo: a maneira de contar os acontecementos, con cambios de ritmo, moita acción, a ruptura da historia particular dunha personaxe cando a cousa “está interesante”, contar o mesmo acontecemento dende varios puntos de vista (mesmo asunto, diferente personaxe) , fai que ás veces a súa lectura sexa frenética.

Efectivamente o estilo é adictivo (aínda que as veces peca de detallista e de rollista para o meu gusto), sen embargo a historia neste caso é moi forzada, moi psíquica.  Eu creo que o que non me gustou foi o final, a forma de pecha-la historia, porque ata que faltaban 60 ou 70 páxinas estaba moi engachado. Por suposto todo isto é a miña opinión.

Trátase dun libro para pasalo rato, fundamentalmente. En calquer caso si que teño claro que vou leer máis do cabaleiro, desoendo o consello do señor jabatus que me dixo aquilo de “os dese paisano son todos iguales” 😉

A trama non a vou contar, só dicirvos que vai de extraterrestres. Fíxose unha peli e parece ser que non triunfou; sinceramente non me extraña, porque pasar a peli o que dí o libro paréceme complicadísimo, senón, leede o libro e xa me contaredes.

Veña, xa para rematar, si a algún lle gustou ou opina algo distinto, pois iso, que opine, que se poden facer comentarios e gratis eh :O)

 

 

Advertisements

2 comments

  1. ¿Ida de olla?, ¡por Dios!, pero…¿é que todavía non sabe quen é o Señor Gris? je,je. Pois nada, nada, a volver a ler o final ata que o descubra.

    A mín gustoume moito, aínda que é certo que o final déixache un pouco descolocado (¿Señor Gris? ¿Quen carallo é o Señor Gris?). Non sei, quizais debería lerme o final outra vez (xa fai tempo que o lín) para ver se desta vez me queda (un pouco) mais claro.

    A película está moi ben, o único defecto que ten é que cambiaron o final (lóxico ata certo punto :-p) por outro mais previsible e comercial. En canto a se adapta ben a novela, eu diría que sí, pero xa fai moito tempo que a vin (e aínda encima lín a novela moito despois :-)).

    En canto a outros títulos do Sr. King recomendables:

    – IT
    – Christine
    – El misterio de Salem’s Lot
    – Cementerio de animales

    e se me acordo de algún mais, xa lle direi. Pero non se lle ocorra ler o de ‘Buick 8’, se ese lle pareceu “rollista”, este non o remata.

    Un saúdo.


    Sí, madres, nueva, mejorada, mantequilla Whizzo con un diez por ciento más o menos…¡¡no se distingue de un cangrejo muerto!!

    Monty Python’s Flying Circus

  2. Por alusións, vou dar a réplica, por non dar outras cousas 😀

    Desconfío tanto dos escritores tan prolíficos como dos políticos en xeral. Ó mellor o problema é que as versións das súas novelas levadas ó cine son, por ser máis ou menos fino, deplorables, exceptuando, claro está Carrie.

    En calquera caso, dende o meu neófito e inexperto punto de vista (comparado con Don Vitto, con esa perenne copia de “Fantasmas de Marte” que ten no seu “despacho”, coa que trata de amilanar a calquera que se achegue (conmigo consígueo, que conste ;D)), debo dicir que o pouco que coñezo deste home non me gusta. E ademáis é yanki. Hala.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s