Unha de aventuras (ou dúas)

Para poñer un paréntese entre tanta música, invítovos a ler un libro fascinante : Vida del Capitán Alonso de Contreras . Trátase da autobiografía dun soldado español do século XVII que deixa en bolas calquera peliculiña de aventuras hollywoodiense (bueno, quen lles dera ós ianquis) . Gracias ó ínclito sr. Reverte tiven coñecemento deste libro (ver artigo) e funme voando á Bilblioteca da Deputación da Coruña (pedazo biblioteca, pardiez!!) e alí o apañei . Estouno gozando agora mesmo, pero se alguén se decide tamén o teño en formato pdf a disposición de calquera; remítovos ó comentario de Reverte nese artigo; eu só podo dicir APAIXOANTE .

Na mesma liña, asegúrovos que alucinaredes coas peripecias de outro gran persoaxe desa época, Cabeza de Vaca, no seu relato autobiográfico Naufragios , onde conta as súas desventuras, máis que aventuras, por terras de Norteamérica; nada que ver coa idea que temos da conquista de América . Teñoo en pdf tamén .

De verdade que vale a pena achegarse a estas dúas maravillas … sorprenderánvos . É triste que todas estas historias e tantas outras permanezan no esquecemento mentras sabemos de memoria a guerra de Vietnam ou a conquista do Oeste (na versión dos conquistadores, claro) … a forza do cine americano, xa se sabe

4 pensamentos sobre “Unha de aventuras (ou dúas)

  1. pois sí Señor, eu quero eses pdfs.

    Seguro que estes dous señores pasaron as mil, pero bueno.. cando un vai conquistar xa se sabe, igual acabas bailando coa nai da rapaza ;-D

  2. ¡Ala! ¡Outros dous mais para a lista (de libros pendentes de ler)! E xa non sei cantos irán…:-).

    Supoño que algún ano destes os lerei… eso sí, paso dos PDFs, xa me deixo os ollos no traballo como para jodelos aínda mais.

    Un saúdo.

  3. Outro que se apunta para a lista de espera dos PDF 😀

    O outro día atopei unha web co resumo das batallas dos tercios españois dos séculos XVI e XVII, o teño na casa, se me lembro o engado nos comentarios.

    Saú2

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: