Superlópez, ¡¡ mecachis !!

O outro día fun á biblioteca cun dos meus artistas. Normalmente, imos directamente á sección correspondende á súa idade (3 aniños) para que él se entreteña vendo algúns libros de contos ou destes que son iterativos e que ten que tocar en palanquiñas de papel, etc. Gústanlle moito. Sen embargo, esta vez fixeime máis polo miudo e advertín que existe unha sección de tebeos, superhumor, cómics, etc que me deixou abraiado. E cando estaba admirando a tamaña colección de libros dos míticos e inmensos “Mortadelo e Filemón” (que xa mentei neste blog), alí estaba, Superlópez, un dos grandes, un heroe “á española” que parodia á Superman, un antiheroe de vida en teoría aburrida que máis que ver de salvar o mundo, métese el soillo en fregados e, ó final non lle queda outra que arranxar o petate. Outras veces da a sensación de “ummm..pasaba por aquí e produciuse o marronetis, cajiná.. pois nada “mecachis” (magna palabra de López), toca solucionar 😉

Teño que dicir que non me leín todo desta personaxe, pero sin duda, dos que me leín, o que considero unha obra mestra é “La caja de Pandora”. Mimá, boísimo eh, de verdade.

Bueno, pois nada máis, deixovos un enlace a un sitio moi currado que ten un montón de información sobre o gran Superlópez: cachislamar.com, que o desfrutedes.

Advertisements

2 comments

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s