Si lees este post, envíalle o enlace a 20 amigos ou sairache un chourizo ceboleiro na planta do pé ;D

Si señores e señoras, e non valen 20 calqueira, deben ser 20 dispostos a colaborar para evitar que este tremendo problema es extenda polo mundo. Porque si aínda fora un chouriciño deses pequenos, de facer fritos ou ó viño, pois menos mal, ou un criollo fresquiño, pero un chourizo ceboleiro xa é un señor chourizo eh.. buff.. ¡¡ a ver como poñedes o calcetín !!.

Home, o que esta claro que aínda que doia, sempre se pode cortar e metelo no caldo, e ademáis, sempre podería ser peor, podería tratarse dun butelo ;D

Bueno, agora en serio, que me chegou outro destes “bulos” que andan por internet e chegan a miudo ó correo e ocorreuseme buscar un pouco de información sobre o tema. Sin esforzarme moito, onde mellor atopei foi en microsiervos, así que deixovos os enlaces:

O que me chegou a mín: El bulo de marcar el PIN al revés en el cajero automático en caso de problemas

e unha entrada que é un verdadeiro tratado sobre o tema (moi interesante e informativa):

Leyendas urbanas, bulos, rumores, bromas, memes, timos, encadenados y un montón de historias más

O único que lamento é que si hai algún que diga a verdade, xa non lle imos creer ¿verdade ou chourizo? 😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: