Cristobal Colón galego, e para máis señas, de Soutomaior

Mimadriña. Fai anos que oín esta teoría que facía de Cristobal Colón o alter ego do mítico Pedro Álvarez de Soutomaior, alias Pedro Madruga, “a la sazón” señor feudal que dominou o territorio sur da provincia de Pontevedra e un anaco do norte de Portugal no medioevo.

No  seu momento, a teoría pareceume curiosa, sobre todo tendo en conta que hai unha “versión oficial” do asunto máis ou menos aceptada, que atribúe ó señor Colón a condición de xenovés e, ademáis, sonaban varias teorías similares, asegurando que Colón era do sitio dos demandantes.

O curioso e que fai un mes ou así vin esta noticia na Voz : Á procura do ADN que probe que Colón e Madruga son a mesma persoa. E entón busquei as páxinas que falan do asunto para profundizar un pouquiño máis.

Mirade, non sei si é certo, eu non son historiador nin nada diso, pero está interesante leer o que conta esta xente. Deixovos os enlaces:

Está interesante o tema e parece que o profesor Phillipot lle dedicou moito esforzo á súa investigación.

Bueno, pois iso, que seguro que o artista era da patria, seguro. Xa o estou vendo facendo prácticas coa carabela cerca das Alvedosas ou no Copre ;D.

Deixar un comentario