Remata Cineuropa 2008

Cineuropa chegou á súa fin, neste 2008, e é momento de botar a vista atrás e valorar os filmes que durante este mes pasaron polas salas de cinema compostelanas. Quen mellor que o público para dar a súa opinión? Con 8.3 puntos, foi a alemá Kirschblüten – Hanami (Cerdeiras en flor) a que acadou o primeiro lugar dentro da sección oficial.

a

Dirixida e guionizada por Doris Dorrie, mostra a capacidade dos seres humanos para dar un xiro brusco a unha vida desilusionante, mesmo cando esta parece achegarse á súa fin. A viaxe ao Extremo Oriente do seu actor protagonista, Elmar Wepper, nomeado á mellor interpretación nos Premios do Cinema Europeo que se fallan esta semana, supón un dos xiros poéticos máis valorados pola crítica internacional logo do pase do filme no festival de Berlín.

1224782488die_welle_grande

En segundo lugar sitúase con 8.2 puntos a tamén alemá A onda, de Dennis Gansel. Na categoría de Panorama internacional foi a ópera prima do libanés Amin Matalqa Capitan Abu Raed quen se fixo co primeiro posto, mentres que en Documentos: Memoria e presente a gañadora foi A gran venda, de Florian Opitz.
1225130811blindness_gr
Na sección Fantastic Compostela a maior puntuación obtívoa Blindness, do brasileiro Fernando Meirelles, unha adaptación do Ensaio sobre a cegueira, de José Saramago. Por último, en Mundo Asia situouse no primeiro posto da lista In Love Wee Trust do chinés Wang Xiaoshuai, e en DOC: MUSIC, o filme máis valorado polo público foi Bichos haciendo surf. Un documental sobre Surfin’ Bichos, do santiagués afincado en Madrid, Rogelio Abraldes.

fonte: http://cineuropa.compostelacultura.org

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s