Unha muller de 56 anos cruza o Atlántico a nado !!

Quedei flipado. Cruzar o atlántico a nado. ¡ Mimadriña !. Non lle chegaba facelo en barco ou en submarino ou en chalana, non, a nado machiños.  Quedo templando ;D.

Podedes informarvos da versión oficial da noticia no seguinte enlace: Una estadounidense de 56 años se convierte en la primera mujer en cruzar el Atlántico nadando

Agora a versión real:

Esta muller estaba en Cabo Verde facendo unha tortilla de patacas cando se deu conta de que lle faltaban 3 ovos para que lle quedara ben.

Claro, como era extraxeira e acababa de chegar non coñecía ós veciños e dixo: “carallo, e a quen lle pido eu agora os ovos. Ah.. xa está, Carmensita, a de Bahamas, si que é boa muller e ademáis tamén ten unhas patacas da Limia que mete medo!! Vou pra alá”. E ala.. dalle que te dalle e chega a Trinidad:  “cajiná.. o raio da corrente”. Entón seguíu ata Bahamas, e veu de volta a nado ata Cabo Verde, cunha docena de ovos nunha man e un saco de patacas na outra, nadando só cós pes. 

A tortilla estaba cojonuda, pero o home non lla vai volver pedir porque tivo que esperar moito. Está agora de antoxo cós pementos de Padrón, que nunha semana xa está a muller aquí na ría de Arousa  :P.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s