Camino

sen-titulo

Onte fun ver esta pelicula, que recentemente obtivo seis premios Goya .  A priori o tema parecía interesante, polo menos para min que non deixo de asombrarme de cómo a xente se agarra á relixión por moito que o mundo avance (se é que avanza) . Desgraciadamente, saíume a porca capada;  a película é un exemplo de manipulación do máis burdo posible . Parece que estamos atrapados entre sectarios de esquerda e sectarios de dereita, sen alternativas . Como película, deixa bastante que desexar; os actores … pois a nena é moi guapa, pero actúa de pena, como case todos  os nenos da película (esas caras sobreactuadas … bufff), dos adultos os que fan de familiares da nena ben, pero os do Opus , bueno… rídículo, con apartado especial para o cura “malo malísimo” que aplaude cando a nena morre .

O gracioso é que o director dixo que fixera a película desde a “obxetividade” .. jajjaja … sí, home, sí .. só lle faltou poñer os típicos raios e tronos cada vez que aparecen os curas . Isto chirría particularmente cando os “malos” din cousas como “la enfermedad de vuestra hija es una bendición de Dios” con esa perfidia e ese ton insidioso; pero burra parda, isa frase por sí soa xa é terrorífica, non tés que remarcala! Podía limitarse a presentar a historia tal cual, sen cargar as tintas, e calquera que non sexa fanático pola dereita xa quedaría horrorizado, pero claro, así non convencería á súa parroquia, á que se lle fai o cú auga de limón con esas escenitas de curas malosos …e ala, seis Goyas pal muchacho, e máis que houbese.

Estamos perdidos, amigos . ¿Qué foi do famoso punto medio de Horacio?; bueno, máis ben ¿qué foi de Horacio? ; se xa ninguén le os clásicos . A veces síntome terriblemente lonxe de todo …

Advertisements

One comment

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s