Citas en latín

Non sei si vos pasou, que alguén vos sale en plan culto con unha frase en latín, nalgunha conversa, como dando por feito que é de dominio público e ti, pobriño, quedas con cara de parvo, pensando que raios será iso do “A fronte praecipitium, a tergo lupi”.

Pois para os ignorantes coma mín, deixovos un enlace Frases en latín. Felicidades ó autor pola recopilación.

Evidentemente o “amicus” ó que vai adicado esta entrada, supoño que se dará por aludido: “alea iacta est”
😀

5 pensamentos sobre “Citas en latín

  1. Tén vostede amigos moi raros . Mira que andar facendo citas en latín coa que está caendo! . A xente xa sufre cunha oración subordinada e o pedante este aínda pretende que coñezan algo de latín . Desde logo, a estes pre-LOGSE había que queimalos por inadaptados . Ai, latín, latín .. ¿pra que serve iso en Gran Hermano, por exemplo?

  2. A mín sí me pasou, pero non eran citas nunha conversa, senón párrafos enteiros lendo “El nombre de la rosa” de Umberto Eco. Nin unha mísera tradución, o autor debe pensar que todos temos o latín como lingua materna (dende entón o individuo este cáeme un “pouco” pedante).

    Total, que ti vas lendo a historia, saltando os parrafos en latín (para que os vou ler, se non me entero) esperando que non te perdas nada importante e lembrándote do autor e de toda a súa familia.

    Ale, ¡¡a rañala raparigo!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: