O zorcio

Recentemente tiven unha conversa co meu carniceiro de cabeceira na cal me ilustrou sobre as características que debe ter unha zorza reglamentaria, ó tempo que poñía a parir a que se vende nos supermercados, que dito sexa de paso, é a que consume case todo o mundo cando a pide nun bar ou lla poñen de tapa . Con este bagaxe, onte ía falando cuns colegas (O Carlos, Goio e Rubens) da zorza da Xunta, á que descalifiquei por artificial e polo seu carácter radioactivo . Nese momento o Rubens preguntoume qué como se medía enton iso de que unha zorza fose boa ou mala, e entón repliquei: pois en zorcios!!

Así, en cuestión de segundos sentamos as bases dun novo sistema de medida . O patrón do zorcio é un plato de zorza non industrial obtida de xeito clandestino do meu carniceiro e que foi consumido por min hai cousa dun mes . Deste patrón queda constancia fotográfica, e tomámolo como medida universal . A modo orientativo presento este cadro de valores:

– Zorza de supermercado: Entre vinte e cincuenta zorcios baixo cero

– Zorza de carniceiro de confianza: De dez a vinte zorcios

– Zorza feita na casa con adobo natural: Máis de trinta zorcios . Os actuais aparatos de medida non rexistran valores superiores a cincuenta zorcios

Non se deixen enganar, amigos!! Consulten o estándar da AAZ (Axencia para a Autenticidade da Zorza) en caso de dúbida

Advertisements

One comment

  1. Como diría o “mestre Yoda”, que en realidade era un tipo baixiño de Chantada:

    ¡¡ QUE A ZORZA CHE ACOMPAÑE!!

    Que normalmente acompaña todo o día eh .. jaja.. pero si pasa de 20 zorcios, uummmm, paga ben a pena 😀

    Para os que queiran coñecer o método de elaboración, un enlace que ti mesmo me enviaches: zorza, según Falabarato

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s