UN MOSQUITO NA PRAZA DA QUINTANA

Praza da Quintana. Maio 2010. Ano Xacobeo.

Un mosquito trata de facer unha das súas “trasnadas” na praza. Desde unha fiestra do convento de San Paio observa os xogos dos rapaces que corretean entre os turistas e os peregrinos.

Voa hasta pousarse en algo brandiño e suave, ¡qué cómodo!!! O mosquito bota unha ollada á praza, hai moita xente… fíxase nun grupo de mulleres descalzas que fan cola para entrar na Catedral pola Porta Santa… qué pes tan negros! qué cheiro deben ter!!!

Tamén ve un grupiño de mozos con guitarras e pandeiretas cantando moi animosos e divertidos. Fóra da fila un grupo de italianos fan uns bailes típicos da súa terra acompañados de palmas… cánta alegría!!! a xente da praza da palmas ao ritmo dos seus bailes… O mosquito fai unha valente inmersión entre o grupo pero… qué risco! decide volver ao seu suave colchón.

No chan un pintor debuxa a Catedral… a xente ao seu redor admira a súa obra.

Nunha esquina, dous malabaristas ensaian coas mazas… semella que están a esperar a que terminen os bailes o grupo de italianos para ser eles os que traten de entreter á xente que fai cola na praza.

Nas escaleiras da Quintana, moita xente descansando e disfrutando do ambiente.

Uns turistas franceses suben a pasear polos tellados da Catedral… aínda que semellan estar limpos e fresquiños, o mosquito rexeitaos… moito que voar hasta o tellado!!!

Nas terrazas das cafeterías os clientes toman o sol e disfrutan da diversidade das xentes…

No medio da praza unha familia de portugueses toman fotos á Catedral; ao seu lado, un grupo de turistas alemáns atenden ás explicacións do seu guía…

Dong!!! Dong!!! O reloxio da Torre Berenguela sinala as 6 da tarde…

No gran banco de pedra situado ao longo do convento uns peregrinos durmen. Entre eles mistúranse os universitarios.

O mosquito dase un paseo entre os policías que vixían a entrada á Porta Santa… puajjj!!! o cheiro a sudor que desprenden non convencen ao mosquito…mellor será buscar outra víctima…

Pero… ¿qué pasa??… de súpeto… a superficie na que descansa o mosquito comenza a inflarse… a inflarse… vaia!!! O seu cómodo colchón resultou ser o fol dunha gaita… ao gaiteiro ocorreuselle nese momento porse a tocar a Muiñeira de Chantada para a xente que descansaba nas escaleiras da praza… Por sorte, o mosquito logrou escapar… ufff!!! vaia susto!!! … conseguiu aterrar sobre a calva sudada e colorada dun dos turistas alemáns…  ¡bó lugar para saciar a sede!! e xustamente no momento no que o mosquito se dispoñía a……

SPLASHHH!!!

2 pensamentos sobre “UN MOSQUITO NA PRAZA DA QUINTANA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: