Vaqueiro

– Cando me lembro daquela época, irremediablemente ven á miña mente unha palabra: area.  Si, area. Aquela area fina que estaba por todas partes, que se che metía por tódolos recunchos do corpo.

No pelo tiñas area, na boca masticabas area e sempre había  algún grao inoportuno que atinaba a meterseche nun ollo xusto cando estabas na túa escena. Coa a area que acumulei tódos eses anos nos calzóns, ven podía agora tapar tódolos buratos do alpendre carallo. Pero ¡estábame ben!, ¿que facía un tipo da Fonsagrada no deserto de Almería? — dicía o señor Argimiro i escachaba coa risa.

– Que sí, neno, que iso me dicía meu pai: ¿Argimiro, pero ti que vas facer á  Andalucía con 40 anos desgraciado?

-Papá eu queró facer de vaqueiro, como John Wayne. E poderlle dicir a unha moza que teño un rancho pa ela, e aquílo que lle dicía a “Dallas” na “Diligencia”, cando ela lle soltaba que non sabía nada do seu pasado: “Neniña, sei de tí, todo o que preciso saber. E o que sei gústame”

¿Que Yon Baine nin que rancho?. Ti o que tes son unhas hortas de patacas pa cavar langrán!. Busca unha muller é cásate, burricán

– ¡Que no papá, que no!, nin muller nin patacas. Vou sair na televisión, e vou ser un actor famoso!

Aínda lle brillan os ollos ó señor Argimiro cando se acorda. Vénselle a ilusión e os medos, como si estivesemos no verán de 1963, cando decidíu lanzarse á aventura. Con 40 anos, quería ser vaqueiro e o seu pai dicíndolle que se ían rir del. Pero Argimiro perseguíu o seu soño, e retou á vida con esa valentía insegura dos adolescentes, coa inocencia e ilusión dos infantes pero tamén coa vergonza dos que están nesa segunda idade que o mundo se empeña en saltar. “A crise dos cuarenta” dirían agora os entendidos, máis eu penso que Argimiro padecía de algo máis simple, padecía de “vida”.

– ¿E conseguíuno?, señor Argimiro

– ¿O que?

– Ser John Wayne

– Ja,ja,ja,ja.. pero rapaz, ¿Ti ves algún cabalo na porta?.

Ruboriceime. Sinceramente. Sentinme medio parvo pola pregunta, pero o vello raposo miroume con ironía e soltoume medio retranqueiro.

– Traballei de extra, de montador de decorados, de recadeiro para aquel rapaz americano con cara de ladrillo que agora é tan famoso, un tal Clint Easwood, andiven de carallada con Sergio Leone e roubeille algún bico a algunha moza garbosa. Fixen papeliños pequenos, sobre todo de malo… ¡Que ben o pasei amigo meu!

¡ Rapaz!, non che quepa dúbida: Non hai un vaqueiro máis ufano ca mín, deste lado do oeste

relatos curtos por davidef

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s